Actualidade

Resolución das solicitudes concedidas e denegadas para o transporte escolar. Curso 2016-2017

Rematados os prazos de presentación de solicitudes e de subsanación da documentación requirida, unha vez valoradas todas as solicitudes, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 16 de novembro aprobou a listaxe das axudas concedidas e das denegadas. As persoas interesadas de acordo coas bases da convocatoria, deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa no mes de decembro. De non presentala dentro do prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. O pagamento da axuda concedida efectuarase logo de rematar o prazo de xustificación e comprobación da correspondente documentación. Attachments:
LISTAXE CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

INEGA Enerxías Renovables 2016: Proxectos Cerceda

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
Attachments:
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_ENCROBAS.pdf
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_QUEIXAS.pdf

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 18 de novembro

NOVA SESIÓN DE MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA DE CERCEDA ESTE VENRES 18 DE NOVEMBRO, ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: IMOS A LEVARNOS BEN-- XANDOBELA
  • IDADES RECOMENDADAS: Dos 3 aos 6 anos
  • Coa colaboración da DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

A exposición do 12º Premio de creación fotográfica Luis Ksado visita Cerceda

A Sala municipal de exposicións Xosé Neira Vilas acolle a exposición do XII Premio de Creación Fotográfica Luis KSADO do 11 ao 23 de outubro. EXPOSICIÓN XII PREMIO DE CREACIÓN LUIS KSADO   Chega a Cerceda, no marco do Programa de Exposicións Itinerantes de Deputación da Coruña, a Exposición na que se recollen cinco coleccións do Premio de Creación fotográfica Luis Ksado e inclúe: a colección gañadora do premio “O vo de midgie”, de Bandia Ribeira Cendán, ademáis a mostra complétase con “Vida e morte na Franxa de Gaza” de Juan Ramón Robles González, “Quidam” de Ana Rello Fernández, “Irmá” de Noela Riobás e “Aloitadores de Sabucedo” de Xabier Fernández. Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas—Biblioteca municipal de Cerceda Do 11 ao 23 de outubro de 2016. Horario de visita:
  • De luns a venres: De 15:30 ás 20:30h
  • Sábados: De 10:30 ás 13:30h
     

Obradoiros de Cociña: apertura do prazo de inscrición o xoves 13 de outubro

A partir do xoves 13 de outubro, ábrese o prazo de inscrición aos dous Obradoiros de cociña que organizan para o mes de novembro. As solicitudes deberán facerse nas Oficinas Xerais do Concello. OBRADOIRO COAS MANS NA MASA Actividade dirixida ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. A temática será a do Samaín e desenvolverase os luns 7, 14, 21 e 28 de novembro. Inicio: Luns, 7 de novembro Horario: Luns das 17.00 ás 18.30h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 6,75 euros, segundo a taxa municipal CURSO DE COCIÑA SAUDABLE: A COCIÑA DO OTOÑO-INVERNO. A partir de 16 anos Inicio: Mércores, 2 de novembro Horario: Mércores 2, 9, 16 e 23 das 18.00 ás 20.00h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 30 euros

Publicación das listaxes coas solicitudes das axudas de transporte escolar completas ou pendentes de emenda. Curso 2016-2017

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2016/2017, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o alcalde José García Liñares aprobou por decreto as listaxes coas solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. Dito prazo comeza o día 11 e remata o día 25 de outubro. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Consulta a programación de actividades municipais para este mes de outubro

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL OUTUBRO 2016 Xa tes a túa disposición a proposta de actividades para este mes de outono:   ACTIVIDADES DE LECER E CURSOS A partir do 1 de outubro deron comezo as diferentes actividades deportivas e socioculturais.
  • Curso de iniciación á fotografía: dará comezo o sábado 8 ata o 17 de decembro, na Biblioteca municipal de Cerceda
  • Curso de elaboración de conservas de pescado: O prazo de inscrición abrirase o martes 4 de outubro. A actividade realizarase o mércores 26 de outubro, das 17:30 ás 20:30h, no Centro Cívico de Cerceda.
  • Obradoiro de cosmética natural: Desenvolverase os sábados 22 e 29 de outubro, no Centro Cívico de Cerceda. As prazas están agotadas.
A partir do 13 de outubro abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de novembro: * Obradoiro de cociña “Coas mans na masa” para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade. * Curso de cociña saudable
  • Viaxe a Francia: Dende o 8 ao 14 de outubro, realizarase a Viaxe a Francia con visita á vila de Escalquéns coa que está irmandada o Concello de Cerceda, con visitas, ademáis, a San Sebastián, Lourdes, Toulouse
  • Viaxe a Outeiro de Rei de novembro: apertura do prazo de inscrición a partir do 4 de outubro no 3º andar das dependencias municipais.
AXENDA CULTURAL
  • Exposición XII Premio de Creación Luis Ksado, na Sala municipal Xosé Neira Vilas. Que permanecerá dende o 11 ao 23 de outubro en horario de visita das 15:00 ás 21:00 h, de luns a venres, e os sábados de 10:30 á 14:00h
  • ELEFANTE ELEGANTE CON NUNCABUNGA, o domingo 16 de outubro no Audiotorio municipal de Cerceda, ás 18:00h. Un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público familiar e infantil a partir de 3 anos.
  • Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, o venres 21 de outubro a partir das 17:15h.
  • Magosto tradicional no Centro social da Terceira idade, o domingo 23 dende as 18:00h
  • Gala de recepción aos e ás deportistas cercedenses destacados/as co concerto de Carlos Bau, o venres 28 de outubro a partir das 19:30h, no Auditorio municipal de Cerceda.
CELEBRACIÓN DO DÍA DO DEPORTE: Domingo, 30 de outubro no Complexo deportivo O Roxo, dende as 11:00h Durante esta xornada queremos homenaxear ao deporte con diferentes actividades nas que poidan participar os máis pequenos aos máis grandes, con diferentes actividades: xincanas, achegamento ao padel, entre outras. É preciso facer a inscrición nas Oficinas xerais do Concello dende o día ... CONVOCATORIAS E TRÁMITES MUNICIPAIS * Axudas municipais para material escolar: o prazo de xustificación será do 1 ao 21 de outubro * Horario do Punto Limpo durante o mes de outubro:
  • Martes e Xoves das 10:30 ás 13:30 horas
  • O resto dos días (luns, mércores e venres) deberase chamar ao 981685001 para que se proceda a abrir en horario de 9:00 a 14:00 horas
  • Os sábados e os domingos permanecerá pechado

Obradoiro de elaboración de conservas de pescado: aberto o prazo de inscrición

Abre o prazo de inscrición ao Obradoiro de elaboración de conservas de pescado que se desenvolverá o mércores 26 de outubro. O obxectivo desta xornada teórico-práctica é a de fomentar o consumo de peixe dando a coñecer a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. As prazas están limitadas.
  • Data: Mércores, 26 de outubro. Das 17:30 ás 20:30h
  • Lugar: Centro Cívico de Cerceda
  • Custe: 6 euros
  • Inscricións: Nas Oficinas Xerais do Concello a partir do 4 de outubro

Xustificación das axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario. Curso escolar 2016-2017.

  DOCUMENTACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN.   1. A xustificación da subvención farase coa presentación no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda dos seguintes documentos acreditativos do axuda total concedida:   a)   O anexo VI.   b) A acreditación de realizar os gastos, da forma seguinte:   - Coas correspondentes facturas, sendo obrigada a relación entre a actividade e o material adquirido. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos:   * Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.   * Desagregación do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberá facerse constar expresamente na factura.   * Nome e NIF ou CIF do beneficiario da subvención, debendo estar expedida a factura a nome da persoa solicitante da subvención.   * Relación detallada do que se adquiriu   * Número de factura, data e lugar de emisión e denominación de "factura".   c) Declaración de outras axudas (Anexo VII)   2. Deberán presentar xustificantes pola totalidade dos gastos efectuados para cada unha das actividades subvencionadas. De non ser así, o Concello modificará as contías en proporción ao efectivamente xustificado.   3. Os documentos xustificativos corresponderán aos gastos feitos dende o día 1 de xaneiro ata o 1 de outubro de 2016 e solo serán subvencionados os que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada, e se realicen no prazo establecido.   4. Os gastos subvencionables de equipamento básico, teñen que responder ao obxectivo de cobertura de necesidades básicas de vestiario, polo que ditas facturas serán obxectos de valoración técnica de servizos sociais.     PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS.   1. O prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda a documentación xustificativa será do 1 ao 21 de outubro de 2016.   2. De non presentar a xustificación dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desiste da súa petición, polo que perderá o dereito a cobrala e polo que se anulará o correspondente compromiso, ambos por unha resolución da Alcaldía.   
      Attachments:
MATERIAL ESCOLAR. MODELOS PARA A XUSTIFICACIÓN.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín