Actualidade

Remata o prazo de xustificación das Subvencións municipais ás entidades culturais e deportivas

O prazo de xustificación das axudas concedidas para este ano 2016 remata o 15 de decembro, ás 14:00h. As entidades culturais e deportivas así como os/as deportistas beneficiarios/as da Convocatoria de Subvencións Municipais 2016 teñen ata o 15 de decembro para entregar a documentación xustificativa das ditas axudas. Os impresos están dispoñibles nas Oficinas xerais e nesta páxina web (acceso dende esta nova)   Attachments:
1RESOLUCION 2016_PUBLICACION WEB.pdf
DEPORTISTAS_XUSTIF.2016.pdf
ENTIDADES_XUSTIF.2016.pdf

Horario habitual no Punto Limpo Municipal

A partir do día 24 novembro de 2016 o horario do punto limpo volve a ser o habitual.   Luns a venres de 16:00 horas a 20:00 horas Sábado:10:00 horas a 14:00 horas   Para calquer consulta poden dirixirse a Área de Sanidade e Medio Ambiente do Concello de Cerceda.

Exposición Cartas de Amor

No Concello de Cerceda, estará dipoñible para visitar a exposición Cartas de Amor, na sala de exposicións da biblioteca municipal, en horario de 15.00 - 21.00 aberta a toda a poboación. Estará para visitar desde o 22 de novembro, ao 14 de decembro.  

Resolución das solicitudes concedidas e denegadas para o transporte escolar. Curso 2016-2017

Rematados os prazos de presentación de solicitudes e de subsanación da documentación requirida, unha vez valoradas todas as solicitudes, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 16 de novembro aprobou a listaxe das axudas concedidas e das denegadas. As persoas interesadas de acordo coas bases da convocatoria, deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa no mes de decembro. De non presentala dentro do prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. O pagamento da axuda concedida efectuarase logo de rematar o prazo de xustificación e comprobación da correspondente documentación. Attachments:
LISTAXE CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

INEGA Enerxías Renovables 2016: Proxectos Cerceda

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
Attachments:
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_ENCROBAS.pdf
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_QUEIXAS.pdf

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 18 de novembro

NOVA SESIÓN DE MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA DE CERCEDA ESTE VENRES 18 DE NOVEMBRO, ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: IMOS A LEVARNOS BEN-- XANDOBELA
  • IDADES RECOMENDADAS: Dos 3 aos 6 anos
  • Coa colaboración da DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

A exposición do 12º Premio de creación fotográfica Luis Ksado visita Cerceda

A Sala municipal de exposicións Xosé Neira Vilas acolle a exposición do XII Premio de Creación Fotográfica Luis KSADO do 11 ao 23 de outubro. EXPOSICIÓN XII PREMIO DE CREACIÓN LUIS KSADO   Chega a Cerceda, no marco do Programa de Exposicións Itinerantes de Deputación da Coruña, a Exposición na que se recollen cinco coleccións do Premio de Creación fotográfica Luis Ksado e inclúe: a colección gañadora do premio “O vo de midgie”, de Bandia Ribeira Cendán, ademáis a mostra complétase con “Vida e morte na Franxa de Gaza” de Juan Ramón Robles González, “Quidam” de Ana Rello Fernández, “Irmá” de Noela Riobás e “Aloitadores de Sabucedo” de Xabier Fernández. Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas—Biblioteca municipal de Cerceda Do 11 ao 23 de outubro de 2016. Horario de visita:
  • De luns a venres: De 15:30 ás 20:30h
  • Sábados: De 10:30 ás 13:30h
     

Obradoiros de Cociña: apertura do prazo de inscrición o xoves 13 de outubro

A partir do xoves 13 de outubro, ábrese o prazo de inscrición aos dous Obradoiros de cociña que organizan para o mes de novembro. As solicitudes deberán facerse nas Oficinas Xerais do Concello. OBRADOIRO COAS MANS NA MASA Actividade dirixida ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. A temática será a do Samaín e desenvolverase os luns 7, 14, 21 e 28 de novembro. Inicio: Luns, 7 de novembro Horario: Luns das 17.00 ás 18.30h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 6,75 euros, segundo a taxa municipal CURSO DE COCIÑA SAUDABLE: A COCIÑA DO OTOÑO-INVERNO. A partir de 16 anos Inicio: Mércores, 2 de novembro Horario: Mércores 2, 9, 16 e 23 das 18.00 ás 20.00h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 30 euros

Publicación das listaxes coas solicitudes das axudas de transporte escolar completas ou pendentes de emenda. Curso 2016-2017

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2016/2017, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o alcalde José García Liñares aprobou por decreto as listaxes coas solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. Dito prazo comeza o día 11 e remata o día 25 de outubro. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín