Actualidade

Viaxe a Valladolid do 5 ó 7 de maio.

O Concello organiza unha viaxe a Valladolid, Palencia e Canal de Castilla, os días 5, 6 e 7 de maio. Venres 5 de Maio: - Visita guiada a Valladolid, facendo parada na "Casa Museo de José Zorrilla" e na "Catedral de Valladolid". Sábado 6 de Maio: - Pola mañá visita a Peñafiel (Ribera do Duero). Visitaremos o seu castelo, o Museo Provincial do Viño e unha das súas famosas bodegas. - A tarde farase unha visita guiada a Palencia con parada na Igrexa de San Miguel e no Convento das Descalzas. Domingo 7 de Maio: - Visita a Medina de Rioseco, onde faremos unha travesía en barco polo Canal de Castilla, visitaremos o Museo da Semana Santa e o Museo de San Francisco (onde disfrutaremos dunha proxección en 3D). O prezo en habitación dobre é de 170,00€, e de 210,00€ en habitación individual. O prazo de inscrición abre o luns 20 de marzo no departamento de servizos sociais. Teléfono de información: 981 68 60 68.   Attachments:
Programa viaxe Valladolid, Palencia e Canal de Castilla.pdf

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda o venres 31 de marzo

Anota na axenda que este venres, 31 de marzo, temos cita na Biblioteca de Cerceda co espectáculo Lúa na Vila dos libros. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 31 DE MARZO ÁS 17:15h.
  • ESPECTÁCULO: LUA NA VILA DOS LIBROS DE GUA GUA TEATRO Lúa en Vila dos Libros (pequenísimo musical), mestura o teatro e a música para plantar n@s pequen@s a semente do gusto pola lectura. Adapta o teatro musical a pequenos espazos (bibliotecas, casas da cultura, salóns de actos...) cunha historia que fala da importancia dos libros e os contos nas nosas vidas, e cancións que falan de vivir máxicas aventuras no noso día a día mergullándonos nos libros. A partir dos 2 anos de idade
  • Un espectáculo do Programa Ler Conta Moito da SX. de Cultura
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono do Concello 981685001
 

Merendas e Contos o venres na Biblioteca da Silva

Este venres tocan as Merendas e Contos na Biblioteca da Silva... así que non esquezas facer a tua inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • VENRES, 17 DE MARZO -- ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: CONTACONTOS DADA O DUENDE. A partir de 3 anos de idade
  • Un espectáculo do Programa Ler Conta Moito da SX. de Cultura
 

Chega a Cerceda a Exposición "O Principiño ao redor do mundo. A Colección de Carlos Casares"

A Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas quere conmemorar ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017 acollendo a MOSTRA O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES, da Fundación Carlos Casares, no mes de marzo. Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, tras o labor de tradución de O Principiño á lingua galega comezou a mercar exemplares da obra de Saint- de- Exupéry en disitintas linguas do mundo. No momento da súa morte xa pousía máis de 100 exemplares en distintas edicións. O PRINCIPIÑO AO REDOR DO MUNDO. A COLECCIÓN DE CARLOS CASARES
  • DO 16 AO 31 DE MARZO DE 2017
  • HORARIO DE VISITAS: Luns - Venres das 15.30 ás 20.30h e Sábados das 10.00 ás 13.30h
  • Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas-- Biblioteca municipal de Cerceda

Queres vir a un partido de baloncesto este sábado 18 de marzo?

  O Concello de Cerceda quere invitar a 50 nenos e nenas a ver o encontro de baloncesto entre ó RIO NATURA MONBUS OBRADOIRO - REAL MADRID, que se celebrará o sábado 18 de marzo– ás 19:00 horas-( Saída de diante do Concello ás 17.00 horas). As invitacións concederanse por estrita orde de inscrición nas Oficinas xerais do Concello. Máis información: 981685001 Fai a túa inscrición...

Exposición pública do Padrón fiscal do Imposto de vehículos de tracción mecánica, exercizo 2017

Bando do Alcalde do Concello de Cerceda, de 14 de marzo de 2017, polo que se fai saber que está en período de exposición pública o Padrón fiscal do IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, EXERCIZO 2017.
  • PERÍODO E LUGAR DE EXPOSICIÓN: Quedará exposto ao público na Deputación provincial da Coruña ( rúa Archer Milton Huntington, nº 17, 15001 A Coruña) do 13 de marzo de 2017 ata o día 17 de abril de 2017
Attachments:
Bando exposicion public_IVTM 2017.pdf

Renovación de praza na Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para o curso 2017-2018. Do 15 ó 30 de marzo.

Do 15 ó 30 de marzo está aberto o prazo de renovación de praza na escola infantil municipal para o curso 2017-2018, tal como se establece no artigo 16 da Ordenanza reguladora (BOP nº 128, de 9 de xullo de 2015). Os pais/nais, titores ou representantes legais dos nenos e nenas matriculados con praza na escola infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza (Anexo II) e a autorización para recadar os datos tributarios (Anexo III) no rexistro xeral do concello. (artigo 15.1 da ordenanza). Se hai algunha variación con respecto os datos que obran no expediente deberán presentar a documentación que o acredite (en caso de nacemento de outro irmán, sentenza de separación, divorcio...) O alumnado matriculado en xornada de tarde só poderá renovar praza neste horario. (artigo 14.1a) Attachments:
SOLICITUDE DE RENOVACIÓN DE EIM. CURSO 2017-2018.pdf

SUBVENCIONS DA DEPUTACION DA CORUÑA PARA ENTIDADES DEPORTIVAS

A Deputación da Coruña, convocou as axudas para entidades deportivas sen ánimo de lucro para a anualidade 2017. Para máis información:   Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2017.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001800.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial, interprovincial ou autonómico durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001802.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións para clubs deportivos da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001803.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares de especial interese na provincia durante o ano 2017.

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001806.pdf

Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2017
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/09/2017_0000001808.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín