Actualidade

Exposición pública da matrícula do Imposto sobre actividades económicas (IAE) 2017

Está en exposición pública a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) 2017 dende o 28 de abril de 2017 ao 15 de maio de 2017.

Inscricións aos novos Cursos de Informática e de uso de móbiles

A aula CeMit do Concello de Cerceda abre este martes, 25 de abril, un prazo de inscrición aos novos cursos de informática e de uso de móbiles. NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA E MÓBILES CURSO USO BÁSICO DE MÓBILES (SMARTPHONES)
  • Cerceda: 2 e 3 de Maio / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:30 - 13:00
  • Cerceda: 4 e 5 de Maio / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:30 - 13:00
  • A Silva: 9 e 10 de Maio / Biblioteca Municipal / 10:30 - 13:00
CURSO INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
  • Cerceda: 16 de Maio ao 22 de Xuño / Aula de Informática do Centro Cívico / 11:45 - 13:00
CURSO USO BÁSICO DE INTERNET
  • Cerceda: 16 de Maio ao 22 de Xuño / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:15 - 11:30
CURSO USO BÁSICO DE INTERNET
  • A Silva: 12 de Maio ao 16 de Xuño / Biblioteca Municipal / 10:30 - 12:30
Información: Cursos gratuítos Prazas limitadas por orde de inscrición Para os cursos de móbiles traballarase con móbiles cedidos pola Fundación Vodafone Inscricións: A partir do Martes 25 de Abril ata completar prazas Oficina planta baixa - Centro Cívico / 10:00 - 13:00

Té, Chococalate, Café de Golfiños este domingo 23 de abril

CULTURA EN FAMILIA_PRIMAVERA DAS LETRAS TÉ, CHOCOLATE, CAFÉ de GOLFIÑOS Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 6 anos de idade Auditorio municipal de Cerceda Ás 18:00 h  

Campaña de Verán 2017: apertura do prazo de solicitude campamentos da Xunta

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a Campaña de Verán 2017: campamentos en Galicia e noutras Comunidades Autónomas.

Inscricións:

Ata o 02/05/2017

Horario:

Quendas de entre unha semana e quince días durante os meses de xullo e agosto. A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Precio:

Variable según actividade (ver anexo da convocatoria)  *descontos: 50% para membros de familia numerosa e 25% para usuarios do carné xove

Requisitos:

  • Mozos/as galegos/as residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos: os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento, e os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, que non teñan necesidade de axuda de unha terceira persoa, teñan capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia

Página web:

http://xuventude.xunta.es Servizos ofertados: 
  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para a actividade. 
  • Persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio con formación e experiencia.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • Nas actividades noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno. 
SOLICITUDES: deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través dos formulario normalizados dispoñibles na sede electrónica https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  1. Procedemento Xeral: a solicitude pode ser individual (procedemento BS303A) ou múltiple (procedemento BS303F), para o caso de irmáns/ás que queiran ir ao mesmo campamento 
  2. Procedemento de prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade: a solicitude pode ser individual (procedemento BS303G) ou múltiple (procedemento BS303H)
Os/as mozos/as galegos/as con discapacidade teñen a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación pola que desexan optar: polo procedemento xeral (poderán elixir exclusivamente as actividades detalladas no anexo da convocatoria) ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión

Primavera das Letras 2017: programación de actividades Día do Libro

Programación PRIMAVERA DAS LETRAS 2017. Día do Libro O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para conmemorar o Día do Libro deste ano 2017. Ésta é a proposta de actividades: * Venres, 21 de abril, ás 17:15h: Merendas e Contos na Biblioteca da Silva co espectáculo Conto express dirixido ás nenas e aos nenos a partir de 4 anos de idade. * Sábado, 22 de abril, a partir das 12:00h: Solta de libros no Campo da Feira de Cerceda, dentro da Campaña “Libros para sermos libres” promovida pola Deputación da Coruña. * Domingo, 23 de abril, ás 18:00h: Espectáculo Té, chocolate, café, de Golfiños no Auditorio municipal de Cerceda * Luns, 24 de abril, a partir das 10:00h. Conmemoramos o Día do libro cun encontro nos centros escolares de Cerceda e na Escola infantil municipal

Aberto o prazo de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para o curso 2017-2018.

Está aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2017-2018 (de setembro de 2017 a agosto do 2018), da escola infantil municipal Os Pillabáns. As persoas que desexen solicitar praza no centro deberán presentar a solicitude e o anexo II, xunto coa seguinte documentación, no rexistro xeral do concello: - fotocopia do DNI dos pais/titores. - libro de familia (fotocpia de todas as páxinas dos membros da unidade familiar) ou certificación literal de nacemento. - xustificantes de ocupación ou desemprego no ano 2017. (empregados última nómina ou desempregado certificado de desemprego) - IBAN bancario. -fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a. Outra documentación, se é o caso: - certificado de discapacidade. - certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións. - documentación que acredite as sitacuóns de separacións, divorcio, abandono do fogar, etc. Xunto coas fotocpias deberán presentarse os orixinais para o seu cotexo. O prazo de solicitude remata o 30 de abril. Attachments:
SOLICITUDE E ANEXO II. EIM. CURSO 2017-2018.pdf

Éxitos deportivos da Escola municipal de Judo

Noraboa ao alumno da Escola municipal de Judo ADRIÁN MOSQUERA VEIRAS, que o pasado domingo 2 de abril, acadou o OURO no Campionato Galego Escolar 2017 (Cadete) celebrado en Cambre. Así mesmo, consegue o pase final á Fase final Autonómica que se celebrará o 22 de abril deste mes. Os éxitos deportivos da Escola municipal de Judo compleméntase co feito de que tres dos seus alumnos: FABIO FERREIRA BESTILLEIRO, LAURA GARCÍA LEIRO E DANIEL GONZÁLEZ EIRÍS aprobaron o examen de OFICIAL DE ORGANIZACIÓN deste deporte, que é a primeira titulación de arbitraxe que poden obter.  

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Portugal para a última fin de semana do mes de xuño

VIAXE A PORTUGAL
O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Portugal para a última fin de semana do mes de xuño (do 29 de xuño ao 02 de xullo de 2017). Consulta o programa da viaxe. O prazo de inscrición está aberto e só quedan 14 prazas Inscricións nas Oficinas Xerais do Concello

SALÍDA XOVES 29 DE XUÑO. VILANOVA DE CERVEIRA

07:00 HORAS:        RECOLLIDA DIANTE DO CONCELLO DE CERCEDA 11:30 HORAS:        VISITA A VIANA DO CASTELO E COMIDA NESA LOCALIDADE. 20:30 HORAS:        CHEGADA Ó HOTEL INATEL**** ACOMODACIÓN NAS HABITACIÓNS 21:00 HORAS:        CEA NO HOTEL.
VENRES 30 DE XUÑO. VISITA A BRAGA
08:00 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL 09:00 HORAS:        VISITA A BRAGA 20:00 HORAS:        CEA NO HOTEL

SABADO 1 DE XULLO

08:30 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL 09:00 HORAS:        DÍA LIBRE EN VILANOVA DE CERVEIRA, DÍA DE MERCADO 20:30 HORAS:        CEA NO HOTEL
DOMINGO, 2 DE XULLO. A GUARDA E REGREGO A CERCEDA
08:00 HORAS:        ALMORZO NO HOTEL E SAÍDA PARA A GUARDA 11:30 HORAS:        VISITA O CASTRO DE SANTA TECRA E O SANTUARIO. 14:30 HORAS:        COMIDA NA GUARDA 18:00 HORAS:        SAÍDA PARA CERCEDA CON CHEGADA APROX. AS 21.00 HORAS

PRECIO: Habitación doble/persoa: 235.00 EUROS

 
  DENTRO DO PRECIO INCLÚESE O DESPRAZAMENTO EN AUTOCAR, ALOXAMENTO, PENSIÓN COMPLETA, ACOMPAÑANTE DE VIAXE, E EXCURSIÓNS SEGUNDO A PROGRAMACIÓN DESTE FOLLETO E SEGURO DE VIAXE. NOTA:
  • OS HORARIOS SON APROXIMADOS E O PROGRAMA PODE SUFRIR ALGUNHA VARIACIÓN.
  • AQUELA PERSOA QUE NON DESEXE FACER ALGÚN DOS ITINERARIOS INCLUIDOS NA VIAXE DEBE COMUNICALO Á PERSOA RESPONSABLE DE GRUPO CUN DÍA DE ANTELACIÓN, SABENDO QUE OS GASTOS DE XANTAR CORRERÁN POLA SÚA CONTA.
  • OS GASTOS DERIVADOS FÓRA DA PROGRAMACIÓN PROPOSTA, CORRERÁN A CARGO DO USUARIO.

Benestar en Balnearios 2017. Prazo de solicitude do 17 de marzo ó 17 de abril.

Benestar en balnearios 2017

Normativa:

Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 53 do 16/3/2017)

Obxecto:

Convocar un total de 600 prazaspara para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017. En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas
Duración e servizos ofertados
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017 Servizos:
  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
    • Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
    • Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
    • Seguimento médico do tratamento.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.
O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso. As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houber dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda. A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo.

Prezo

O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV.

Documentación

Solicitude anexo I e os anexos II e III
  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
  2. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
  4. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
 

Prazo presentación de solicitudes

Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.

Lugar de presentación

No departamento de servizos sociais do concello. Attachments:
programa_balnearios.pdf

Viaxe a Vigo o Sábado 22 de Abril

VIAXE A VIGO O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Vigo para o sábado 22 de Abril de 2017. O prazo de inscrición comeza o próximo martes 21 de Marzo. Prezo por persoa: 22 euros. PROGRAMA 08:00 H - Percorrido dos autobuses polo itinerario habitual 09:00 H - Saída de diante do Museo do Moucho 11:00 H - Chegada a Vigo                    Visita guiada ao Mercado da Pedra                    Visita guiada ao Parque do Castro 14:00 H - Xantar no "HOTEL JUNQUERA"                    1º prato: Callos                    2º prato: Ventresca de bacalao ó forno                    Pan, postre, bebida e café. 16:30 H - TARDE LIBRE 19:00 H - SAÍDA PARA CERCEDA Attachments:
Programa Viaxe a Vigo.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín