Actualidade

Concentración polas vítimas do Ralli de A Coruña

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA POLAS VÍTIMAS DO RALLI DE A CORUÑA Ás 12h, concentración diante da Casa do Concello de Cerceda, en recordo das vítimas do accidente do Ralli de A Coruña da pasada fin de semana. O Concello de Cerceda declara dous días de luto oficial Attachments:
Concello de Cerceda Declaracion luto oficial.pdf

Día da Bicicleta 2015: Domingo 6 de Setembro

DÍA DA BICI: DOMINGO 6 SETEMBRO PROGRAMA DA XORNADA: A partir das 11h CARREIRA INFANTIL: Circuíto mini BTT no recinto do Parque Acuático -          1,2 km. percorrido en dúas mangas -          Dificultade baixa -          Idades: de 3 a 16 anos CARREIRA ADULTOS/AS: Circuíto BTT con saída do Parque Acuático e remate no mesmo -          Distancia: 10/15 km -          Dificultade media-baixa -          Idades: a partir de 14 anos Imprescindible:casco INSCRICIÓNS:
  • Custe: 5 euros (inclúe: a participación na proba, entrada gratuíta ao Aquapark e pinchos)
  • Apertura prazo inscrición: 17 de agosto. Nas Oficinas xerais do Concello

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DAS SOLICITUDES PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR QUE ESTÁN COMPLETAS OU PENDENTES DE EMENDA

Rematado o prazo de presentación das solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2015-2016 e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Alcalde, José García Liñares, aprobou por Decreto con data 17/08/2015 as listaxes das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Prazo de emenda: do 19 ao 29 de agosto de 2015 Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Programación de actividades culturais e deportivas 2015/2016: Continúa aberto o prazo de solicitude

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL 2015/2016 DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS Consulta a proposta de actividades para o Curso 2015-2016 do Concello de Cerceda. Unha programación pensada para tod@s, así que fai a reserva da túa praza durante este mes de xullo nas Oficinas xerais. Attachments:
DOMICILIACION_TAXA_REGULADORA_DAS_ACTIVIDADES_DEPORTIVAS_E_CULTURAIS.pdf
PROGRAMA ACTIVIDADES 2015.2016.pdf
SOLICITUDE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS_modelos2014.pdf

NOVO REGULAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "OS PILLABÁNS"

Entra en vigor o novo Regulamento da Escola Infantil Municipal de Cerceda "Os Pillabáns", que foi publicado o xoves 9 de xullo de 2015 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 128. Podes consultar o Regulamento neste enlace.

Inicio do Curso Rehabilitación nos Parques Biosaudables de Cerceda

O centro de día e fogar residencial de Cerceda, en colaboración co departamento de servizos sociais do Concello, vai a desenvolver a segunda edición do curso de rehabilitación nos parques biosaudables. O curso será impartido os días 18 e 25 de xuño e o 2, 9 e 16 de xullo, no parque biosaudable emprazado ao lado do Centro Civico. Este curso está dirixido a veciñanza de Cerceda, maior de 55 anos. Os contidos do curso serán o seguinte: 1ª sesión (18 de xuño): Avaliación fisioterapéutica individual. 2ª sesión (25 de xuño): Ximnasia no parque biosaudable. 3ª sesión (2 de xullo): Ximnasia no parque biosaudable. 4º sesión (9 de xullo): Clase de automasaxe  5ª sesión (16 de xullo): Fichas invididuais e clausura. O material preciso para acudir ao curso será chándal ou roupa cómoda, deportivos e gorra. Para anotarse hai que chamar ao número  981685001 ata o día 15 de xuño  

Xardín Botánico

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.

En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

Certame escolar XX Anos do Museo do Moucho, con nós: entrega de premios

CERTAME ESCOLAR XX ANOS DO MUSEO DO MOUCHO, CON NÓS!! Este martes, 16 de xuño, fíxose entrega dos premios do Certame escolar, que organiza o Concello de Cerceda en colaboración cos centros educativos, para conmemorar o XX Aniversario da apertura do Museo do Moucho. O xurado nomeado para resolver o Certame acordou os seguintes premios nas catro categorías: PRIMEIRA CATEGORÍA: Alumnado de Ed. Infantil
  1. Primeiro Premio: Juan Álvarez Pazos- CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Darío Fariña Vila - CEIP O CALVARIO
  3. Terceiro Premio: Héctor Dubra - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
SEGUNDA CATEGORÍA: Alumnado de 1º e 2º curso de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Carla Santos Fuentes - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  2. Segundo Premio: Iván Ramos Sánchez - CEIP O CALVARIO
  3. Terceiro Premio: Darío Pallas Marzoa - CPI O CRUCE
TERCEIRA CATEGORÍA: Alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Brais Doval Fernández - CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Minerva García Pazos - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  3. Terceiro Premio: Alba Rodríguez Fraga - CPI O CRUCE
CUARTA CATEGORÍA: Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Alexia Estevez Quintero - CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Ana Vázquez Rama - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  3. Terceiro Premio: Emilio García Raña - CPI O CRUCE
 Os traballos presentados quedan expostos na Sala municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas. O horario das visitas é de luns a sábado, das 15:30 ás 20:00h Attachments:
Acta do Certame escolar MUSEO DO MOUCHO2015.pdf

Constituída a nova Corporación Municipal

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito: Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as
  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo
Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as
  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro
Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as
  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL PARA O CURSO 2015/2016

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Educación en funcións, aprobou por Decreto con data 05/06/2015 a listaxe provisional do alumnado admitido e a listaxe do alumnado en agarda na escola infantil municipal para o vindeiro curso escolar 2015-2016. As persoas que o desexen, de acordo co artigo 14 do Regulamneto da Escola Infantil Municipal, disporán dun prazo de 10 días naturais que contarán dende a data de publicación da relación provisional, para efectuar as reclamacións que consideren oportunas e sexan debidamente xustificadas. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.     Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E EN AGARDA NA EIM.doc

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín