Actualidade

Viaxe a Cantabria-Santander do 4 ao 7 de outubro: aberto o prazo de inscrición

EXCURSIÓN A CANTABRIA-SANTANDER-POTES Do mércores 4 ao sábado 7 de outubro O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Cantabria- Santander na que se visitarán lugares como Comillas, Santillana del Mar, Laredo, Santoña, Santander e Potes. PROGRAMA MÉRCORES 4 DE OUTUBRO • Saída a hora fixada con dirección a Comillas (Cantabria).
• Xantar en Comillas.
• Pola tarde visitaremos Comillas, unha das localidades máis emblemáticas de Cantabria facendo parada no Palacio de Sobrellano, a Universidade Pontificia e o Capricho de Gaudí.
• Chegada ao hotel, reparto de habitacións, cea e aloxamento. XOVES 5 DE OUTUBRO • A mañán almorzo no hotel. A continuación visita a SANTANDER, cidade famosa polas súas praias, o casino de Santander e o Palacio da Magdalena que conta cun pequeno zoo no seu interior. Tamén no centro da cidade podemos visitar a catedral de Santander que data do século XX.
• Comida no hotel.
• Pola tarde visitaremos LAREDO E SANTOÑA, donde ademais de desfrutar das súas fermosas praias, poderemos degustar as famosas anchoas da zona.
• Regreso ao hotel, cea e aloxamento. VENRES 6 DE OUTUBRO • Almorzo no hotel e visita a POTES, onde teremos ocasión de coñecer o Monasterio de Santo Toribio de Liébana.
• Comida en Potes.
• Pola tarde visitaremos FUENTE DÉ, a estación inferior do teleférico, donde aquel que o desexe poderá subir para realizar un viaxe que nos situará no corazón dos Picos de Europa.
• Regreso ao hotel, cea e aloxamento. SÁBADO 7 DE OUTUBRO • Almorzo no hotel e visita a SANTILLANA DEL MAR, coñecida como "a cidade das tres mentiras", población que conserva intacta a arquitectura das súas casas e rúas como antigamente se construían.
• Tamén visitaremos A RÉPLICA DAS COVAS DE ALTAMIRA.
• Xantar.
• Finalizadas as visitas emprenderemos o viaxe de volta.   PREZO E INSCRICIÓNS Prezo por persoa en habitación dobre: 240 € Prezo por persoa en habitación individual: 285 € Para inscribirte acude ao departamento de servizos sociais   Attachments:
Programa excursión CANTABRIA.pdf

Este verán...IMOS AO CINE! Xoves, 10 de agosto no Campo da Feira de Cerceda

Este verán... IMOS AO CINE!!! O próximo xoves, 10 de agosto ás 22:00h, toca unha nova cita co cine ao aire libre no Campo da Feira de Cerceda coa proxección "Ocho apellidos catalanes". Non esquezas a túa cita.
  • Este verán...IMOS AO CINE!!!
  • XOVES, 10 DE AGOSTO-- CAMPO DA FEIRA DE CERCEDA. ÁS 22:00H
  • Proxección: Ocho apellidos catalanes
  • En colaboración coa Deputación da Coruña (Programación Rede Cultural 2017)

Festa infantil e xuvenil Xalo este sábado 12 de agosto

Anota a cita... Festa infantil e xuvenil na zona deportiva da Urbanización "O Castelo" de Monte Xalo, este sábado 12 de agosto das 17:00 ás 20:00h. Non faltarán os inchables, a música e a festa da espuma!!!

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a San Andrés de Teixido e Cedeira o sábado 9 de setembro

VISITA A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO-CEDEIRA   Sábado, 09 de setembro de 2017   O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a San Andrés de Teixido e Cedeira co seguinte programa: PROGRAMA 08:30H - Saída de diante do Museo do Moucho 10:45H - Chegada a San Andrés de Teixido 11:00H - Visita a San Andrés de Teixido              - As 12:00h celébrase misa (a asistencia non é obrigatoria) 14:00H - Xantar              1º prato: Callos              2º prato: Costilla asada              Postre              Pan, Bebida e café. 16:00H - Visita guiada por Cedeira 19:00H - Saída para Cerceda   PREZO POR PERSOA: 22 EUROS   O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O MARTES 8 DE AGOSTO DE 2017   Attachments:
Viaxe a San Andrés de Teixido.pdf

Visita ás Illas Cíes no mes de setembro: aberto o prazo de inscrición

VISITA ÁS ILLAS CÍES Sábado, 02 de setembro de 2017 O Concello de Cerceda organiza unha escapada ás Illas Cíes na busca de praias virxes e para desfrutar dunha paisaxe inigualable. Será unha excursión dun día en barco ás Cíes na que poderán participar persoas de tódalas idades. PROGRAMA 07:30h Saída do Concello de Cerceda 09:30h Inicio da travesía en barco ás Cíes 13:30h Xantar para as persoas que a leven pagada (non é obrigatorio) 18:45h Traslado en barco para coller o autobús de regreso a Cerceda (chegada aproximada sobre as 21:30h-22:00h) PREZO E INSCRICIÓNS Custe da viaxe: 22,00 euros Viaxe coa comida para nenos/as (de 2 a 12 anos): 30,00 euros Viaxe coa comida para persoas maiores de 12 anos: 35,00 euros INSCRICIÓNS: nas Oficinas xerais do Concello a partir do 1 de agosto de 2017

Posposta a Xornada de emprego e cooperativismo en Cerceda para o 25 de agosto

A Mancomunidade de Ordes organiza unha Xornada de emprego e cooperativismo en Cerceda para o 25 de agosto, polo que a acción do venres 28 de xullo queda posposta.

Programa de Mobilidade Galeuropa 2017 da Mancomunidade de Ordes

GALEUROPA 2017 MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES (ORDES, OROSO, FRADES, CERCEDA, TRAZO, TORDOIA E MESÍA) Galeuropa 2017 é o programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanaciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil. Ten como finalidade reforzar a empregabilidade das mozas e mozos de 18 a 30 anos de idade con estadías transnacionais. O prazo de inscrición de solicitudes abre o 21 de xullo de 2017 e remata o 4 de agosto de 2017
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA GALEUROPA DA MANCOMUNIDADE DE ORDES:
  • Idade dos/as participantes: De 18 a 30 anos no momento de formalizar a solicitude.
  • Prácticas en empresas de países europeos en diversos sectores.
  • Duración das estadías: 2 meses. Gastos cubertos ao 100% (viaxe, aloxamento e manutención)
  • Apoio lingüístico personalizado
  • Preferencia para empadroados/as nos municipios da Mancomunidade de Ordes
  • Imprescindible inscribirse no Sistema de garantía xuvenil
Lugar e forma de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse en ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, dispoñibles na páxina web da Mancomunidade) no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Ordes achegando toda a documentación que establecen as bases. Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios dos concellos de ORDES, OROSO, FRADES, CERCEDA, TRAZO, TORDOIA e MESÍA. Tamén se anunciará nas páxinas web e nas redes sociais dos sete concellos. A Mancomunidade de Ordes asigna as seguintes prazas de mobilidade por países de destino: 20. - PORTUGAL (5).
- ITALIA (5).
- REINO UNIDO (10). Duración das mobilidades: 2 meses. Correo electrónico de contacto: \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfonos de contacto : 981680002
Máis información: www.mancomunidadeordes.gal  

LLega 800

Máis información en https://www.llega800.es/

Este verán...IMOS AO CINE! Xoves 6 de xullo no Campo da Feira da Silva

Arranca o Programa de Cine na rúa, este xoves 6 de xullo no Campo da Feira da Silva coa proxección "Del Revés..." a partir das 22:00h. Non esquezas a túa cita!
  • Este Verán...Imos ao Cine: Xoves, 6 de xullo ás 22:00h
  • CAMPO DA FEIRA DA SILVA
  • PROXECCIÓN: "Del revés..."
  • Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín