Noticias

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS FISCAIS 2015. Prazo de exposición do 15 de setembro ó 20 de outubro.

Dende o día 15 de setembro están en exposición pública os seguintes padróns fiscais: - Imposto sobre bens inmobles urbanos. - Imposto sobre bens inmobles rústicos. - Imposto sobre bens de caracterísitcas especiais. - Imposto sobre actividades económicas. Os padróns fiscais quedarán expostos ó público na Deputación Provincial da Coruña (rúa Archer Huntington, nº 17, 15001. A coruña), onde poderán ser examinados polas persoas interesadas. Tamén se pode consultar nas oficinas municipais, no departamento de Intervención, previa presentación do DNI da persoa contribuínte ou o recibo do imposto correspondente o ano 2014. O último día de exposición será o 20 de outubro de 2015.   Attachments:
BANDO EXPOSICION PUBLICA PADRONS FISCAIS.pdf

Concentración polas vítimas do Ralli de A Coruña

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA POLAS VÍTIMAS DO RALLI DE A CORUÑA Ás 12h, concentración diante da Casa do Concello de Cerceda, en recordo das vítimas do accidente do Ralli de A Coruña da pasada fin de semana. O Concello de Cerceda declara dous días de luto oficial Attachments:
Concello de Cerceda Declaracion luto oficial.pdf

Constituída a nova Corporación Municipal

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito: Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as
  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo
Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as
  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro
Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as
  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

Xornada de Cooperativismo

A Mancomunidade de Ordes organiza unha Xornada de Cooperativismo para o xoves de 22 de setembro na Biblioteca municipal de Cerceda. Permanece aberto o prazo de inscrición. Esta xornada enmárcase dentro das actuacións de difusión do cooperativismo realizadas pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes.
  1. Quén pode participar? Persoas desempregadas, institucións públicas ou privadas e calquera persoa que teña interese en coñecer a fórmula do emprendemento cooperativo.
  2. Cales son os obxectivos da xornada de Cerceda?
  •  Fomentar o autoemprego
  • Dar a coñecer o cooperativismo como modelo empresarial a ter en conta á hora de emprender
  • Promover a divulgación e o intercambio de ideas innovadoras.
3. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
  • OFICINA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO DA COMARCA DE ORDES: 981680002
  • CONCELLO DE CERCEDA: 981685001
  PROGRAMA DA XORNADA DO 22 DE SETEMBRO EN CERCEDA
  • 9.30H RECEPCIÓN DAS PERSAS PARTICIPANTES
  • 10.00H RECURSOS E APOIOS PARA O EMPRENDEMENTO
  • 10.30H MESA DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS: NOVA ASECONIA S.COOP.GALEGA e URDIME S.COOP.GALEGA
  • 11.30H PAUSA CAFÉ
  • 12.00H MESA DE TRABALLO CON ÁLEX PEREIRA ASESOR DE COOPERATIVISMO
  • 14.30H PECHE DA XORNADA
  Attachments:
Cerceda diptico.pdf

Publicación dos resultados do procedemento de selección do persoal e do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Cerceda-Tordoia-Trazo

OBRADOIRO DE EMPREGO CERCEDA-TORDOIA-TRAZO: RESULTADOS DO PROCESO SELECTIVO Publícanse as actas do procedemento de selección do persoal e do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego CERCEDA-TORDOIA-TRAZO   Attachments:
1ACTAS SELECCION PERSOAL.pdf
2ACTA SELECCION ALUMNOS.pdf

Obradoiro de Emprego CERCEDA-TORDOIA-TRAZO: Publicación das bases para a selección do alumnado traballador e do persoal

OBRADOIRO DE EMPREGO CERCEDA-TORDOIA-TRAZO O Concello de Cerceda ten concedido o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego cos Concellos de Tordoia e Trazo. As entrevistas de selección do alumnado traballador/a e do persoal docente e administrativo desenvolveranse durante os días 28 e 29 de xullo. Para dar publicidade do procedemento publícanse as bases polas que se rexerá o proceso selectivo.   Attachments:
1Bases.pdf
2Baremo alumnado(1).pdf

Festa infantil e xuvenil no Xalo este domingo 7 de agosto

Este domingo 7 de agosto, a partir das 17h, poderemos desfrutar dunha Festa infantil e xuvenil na zona deportiva da Urbanización o Castelo do Xalo. Non faltará a música, os inchables, os obradoiros, xogos populares... Así que, non podes faltar  

Viaxe a Sarria, sábado 4 de novembro 2017

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:  8.30 Saída de diante do Museo do Moucho 10.00 Chegada a Sarria           Visita polo pobo 14.00 Xantar A tarde baile 19.00 Saída para Cerceda.   * O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe   O precio por persoa é de 22 €. Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68.           

Axudas de material escolar. Curso 2017-2018.

Ata o vindeiro día 5 de outubro estará aberto o prazo para solicitar as Axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario básico para o curso escolar 2017-2018. As axudas están dirixidas a aquelas familias con menores a cargo, escolarizados/as en centros de ensinanza públicos do termo municipal de Cerceda, e que cursen estudos do segundo ciclo de educación infantil, ensinanza primaria ou secundaria obrigatoria e que cumpran cos requisitos económicos establecidos nas bases da convocatoria. A convocatoria saiu hoxe, 15 de setembro de 2017 publicada no BOP, onde se da conta das bases reguladoras desta subvención. Attachments:
MODELO SOLICITUDE MATERIAL.pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín