Noticias

Cousas de Castelao por Quinquilláns este domingo 15 de xaneiro

A compañía de teatro OS QUINQUILLÁNS presentan en Cerceda, este domingo 15 ás 18:00h, diferentes pezas teatrais creadas a partir dos contos de Cousas de Castelao. Entre as persoas asistentes repartiranse exemplares desa publicación. A representación está dirixida a tódolos públicos e promovida pola Deputación da Coruña.
  • COUSAS DE CASTELAO -- OS QUINQUILLÁNS
  • DOMINGO, 15 DE XANEIRO -- ÁS 18:00H
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA

Obradoiro de cociña Coas mans na masa. Apertura do prazo de inscrición

Se tes entre 4 e 12 anos de idade e che apetece aproximarte ao mundo da cociña, non perdas a oportunidade de inscribirte no Obradoiro Coas Mans na masa que organiza o Concello para o mes de febreiro. A temática será a do Entroido. As inscricións deberán facerse no Rexistro xeral do Concello a partir do xoves 12 de xaneiro. Accede dende aquí ao formulario de solicitude   OBRADOIRO COAS MANS NA MASA: Inscricións a partir do 12 de xaneiro Actividade dirixida ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. A temática será a do Entroido e desenvolverase os luns 6, 13, 20 e 27 de febreiro. Inicio: Luns, 6 de febreiro Horario: Luns das 17:00 ás 18.30h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 12 de xaneiro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 10 euros. Aplicarase unha bonificación do 10% ás familias numerosas Attachments:
SOLICITUDE OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_febreiro2017.pdf

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 18 de novembro

NOVA SESIÓN DE MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA DE CERCEDA ESTE VENRES 18 DE NOVEMBRO, ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: IMOS A LEVARNOS BEN-- XANDOBELA
  • IDADES RECOMENDADAS: Dos 3 aos 6 anos
  • Coa colaboración da DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A exposición do 12º Premio de creación fotográfica Luis Ksado visita Cerceda

A Sala municipal de exposicións Xosé Neira Vilas acolle a exposición do XII Premio de Creación Fotográfica Luis KSADO do 11 ao 23 de outubro. EXPOSICIÓN XII PREMIO DE CREACIÓN LUIS KSADO   Chega a Cerceda, no marco do Programa de Exposicións Itinerantes de Deputación da Coruña, a Exposición na que se recollen cinco coleccións do Premio de Creación fotográfica Luis Ksado e inclúe: a colección gañadora do premio “O vo de midgie”, de Bandia Ribeira Cendán, ademáis a mostra complétase con “Vida e morte na Franxa de Gaza” de Juan Ramón Robles González, “Quidam” de Ana Rello Fernández, “Irmá” de Noela Riobás e “Aloitadores de Sabucedo” de Xabier Fernández. Sala Municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas—Biblioteca municipal de Cerceda Do 11 ao 23 de outubro de 2016. Horario de visita:
  • De luns a venres: De 15:30 ás 20:30h
  • Sábados: De 10:30 ás 13:30h
     

Obradoiros de Cociña: apertura do prazo de inscrición o xoves 13 de outubro

A partir do xoves 13 de outubro, ábrese o prazo de inscrición aos dous Obradoiros de cociña que organizan para o mes de novembro. As solicitudes deberán facerse nas Oficinas Xerais do Concello. OBRADOIRO COAS MANS NA MASA Actividade dirixida ás nenas e aos nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. A temática será a do Samaín e desenvolverase os luns 7, 14, 21 e 28 de novembro. Inicio: Luns, 7 de novembro Horario: Luns das 17.00 ás 18.30h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 6,75 euros, segundo a taxa municipal CURSO DE COCIÑA SAUDABLE: A COCIÑA DO OTOÑO-INVERNO. A partir de 16 anos Inicio: Mércores, 2 de novembro Horario: Mércores 2, 9, 16 e 23 das 18.00 ás 20.00h. Centro Cívico de Cerceda Prazo de inscrición: A partir do 13 de outubro nas Oficinas xerais do Concello Custe: 30 euros

Obradoiro de elaboración de conservas de pescado: aberto o prazo de inscrición

Abre o prazo de inscrición ao Obradoiro de elaboración de conservas de pescado que se desenvolverá o mércores 26 de outubro. O obxectivo desta xornada teórico-práctica é a de fomentar o consumo de peixe dando a coñecer a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. As prazas están limitadas.
  • Data: Mércores, 26 de outubro. Das 17:30 ás 20:30h
  • Lugar: Centro Cívico de Cerceda
  • Custe: 6 euros
  • Inscricións: Nas Oficinas Xerais do Concello a partir do 4 de outubro

I Aberto de Xadrez Activo Concello de Cerceda

I Aberto de Xadrez Activo Concello de Cerceda O Concello de Cerceda acolle o sábado 24 de setembro o I Torneo de Xadrez Activo dentro do ICircuíto Intercomarcal de Xadrez Activo da Deputación da Coruña. O prazo de inscrión permancerá aberto ata o venres 23 de setembro. Data: Sábado 24 de setembro de 2016. Local de xogo: Biblioteca Municipal de Cerceda. Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores. Ritmo de xogo: 10´+ 5” Horario de xogo: 11:45 a 14 y 16 a 18:30. Clausura do circuito cun vino español e pinchos as 19:30 horas. Inscricions: xeral 8€ e sub-16 5€, xogadores con 7 torneos disputados, dos clubes organizadores e locais: 6€ abs e 3€ s16, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail

Queres iniciarte no mundo da fotografía? Amplíase o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda organiza un Curso básico de fotografía que se desenvolverá dende outubro a decembro. Amplíase o prazo de inscrición ata o xoves 6 de outubro, polo que o inicio da actividade está previsto para o sábado 8 de outubro
O curso organízase en tres obradoiros, consecutivos, nos que se traballarán:
  • Obradoiro 1: Aprenderemos o básico sobre o funcionamento e manexo das cámaras dixitais
  • Obradoiro 2: Adquiridos os coñecementos previos, aprenderemos sobre a composición fotográfica, tipos de luz, flashes e uso; fotografía de retrato, paisaxe e fotografía nocturna
  • Obradoiro 3: Revelado de RAW en Camera RAW, PhotoShop e creación de albúms dixitais
CURSO DE FOTOGRAFÍA 2016
  • Inicio: Sábado, 8 de outubro
  • Remate: Sábado, 17 de decembro
  • Horario: Sábados das 11.00 ás 13:30h. Biblioteca municipal de Cerceda
Inscricións:A partir do martes 15 de setembro, por orde de inscrición, nas Oficinas xerais do Concello. Custe: 30 euros. Desconto 15% para mozos/as co Carné Xove

Aviso Cursos de informática: modificación datas de inscrición

AVISO DE MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE INSCRICIÓN AOS CURSOS DE INFORMÁTICA   Modifícanse os prazos  de inscrición aos Cursos de informática. A partir do mes de outubro publicarase a programación de actividades xunto cos períodos de solicitude.  

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín