Noticias

Cursos de informática da AulaCemit: apertura do prazo de inscrición

Xa está lista a programación de actividades da AulaCemit. O prazo de inscrición para os cursos de informática para persoas adultas e as xornadas de móbiles e tabletas ábrase o mércores 6 de setembro. As inscricións para as actividades dirixidas ás nenas e aos nenos abrirase o 18 de setembro. As solicitudes realizaranse no Centro Cívico de Cerceda, en horario das 10:00h ás 13:00h
Consulta a programación: CURSOS NEN@S (2 Outubro – 31 Maio)
  • 1º – 6º E.P: Luns / 15:00 – 16:00 / A Silva
  • 1º – 2º E.P: Martes / 16:15 – 17:15 / Cerceda
  • 3º – 4º E.P: Mércores / 16:15 – 17:15 / Cerceda
  • 5º – 6º E.P: Xoves / 16:15 – 17:15 / Cerceda
CURSOS ADULTOS
  • MÓBILES E TABLETS
  • Curso Manexo Tablets Vodafone: 2 – 4 Outubro / 10:30 – 12:00 / Cerceda
  • Curso Manexo Tablets Vodafone: 9 – 11 Outubro / 10:30 – 12:00 / A Silva
  • Curso Manexo Móbiles: 23 – 25 Outubro / 10:30 – 12:00 / Cerceda
  • INFORMÁTICA
  • Curso Iniciación: 6 Novembro – 14 Xuño / Luns e Xoves / 10:30 – 11:30 / Cerceda
  • Curso Retoque Fotográfico con Gimp: 7 Novembro – 9 Febreiro / Martes e Venres / 10:15 – 11:15 / Cerceda
  • Curso Windows: 7 Novembro – 9 Febreiro / Martes e Venres / 11:30 – 12:30 / Cerceda
  • Curso Windows: 8 Novembro – 13 Xuño / Mércores / 10:30 – 12:00 / A Silva
TALLERES E CHARLAS  
  • Charla Móbiles Compras en Internet: 22 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Administración Electrónica: 29 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Organiza as túas Viaxes: 6 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Coida a túa Saúde: 13 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Facebook: 20 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Taller Móbiles e Tablets Orange: 28 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
INSCRICIÓNS
  • ADULTOS: A partir do 6 de Setembro ata cubrir prazas
  • NEN@S: A partir do 18 de Setembro ata cubrir prazas
Oficina planta baixa – Centro Cívico Horario: 10:00 – 13:00

Visita ás Illas Cíes no mes de setembro: aberto o prazo de inscrición

VISITA ÁS ILLAS CÍES Sábado, 02 de setembro de 2017 O Concello de Cerceda organiza unha escapada ás Illas Cíes na busca de praias virxes e para desfrutar dunha paisaxe inigualable. Será unha excursión dun día en barco ás Cíes na que poderán participar persoas de tódalas idades. PROGRAMA 07:30h Saída do Concello de Cerceda 09:30h Inicio da travesía en barco ás Cíes 13:30h Xantar para as persoas que a leven pagada (non é obrigatorio) 18:45h Traslado en barco para coller o autobús de regreso a Cerceda (chegada aproximada sobre as 21:30h-22:00h) PREZO E INSCRICIÓNS Custe da viaxe: 22,00 euros Viaxe coa comida para nenos/as (de 2 a 12 anos): 30,00 euros Viaxe coa comida para persoas maiores de 12 anos: 35,00 euros INSCRICIÓNS: nas Oficinas xerais do Concello a partir do 1 de agosto de 2017

LLega 800

Máis información en https://www.llega800.es/

Entroido infantil e xuvenil o martes 28 de febreiro

Xa está todo preparado para poder desfrutar do Festival de Entroido infantil e xuvenil no Pavillón municipal de Cerceda o martes 28 de febreiro. Non faltarán os inchables, obradoiros, a rosca e o chocolate. Non esquezas o teu disfraz!! A partir das 16:30h

Participa no acto homenaxe a Rosalía de Castro este venres 24 de febreiro

O Concello de Cerceda quere conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cun acto homenaxe de lectura pública da súa obra. Súmate ao acto, deste venres 24 de febreiro, a partir das 10:30h no Salón de Plenos do Casa do Concello. #rosalíate #mobilizarosalía  

Programación Cursos informática da Aula CeMit

Xa podes facer a túa inscrición aos cursos de informática da Aula CeMit do Concello de Cerceda. A programación inclúe actividades formativas tanto para persoas adultas como para nenos e nenas. Consulta os horarios e os prazos de solicitude nesta nova.   PRAZOS DE INSCRICIÓNS
  • Adultos
    • A partir do Xoves 9 de Febreiro ata completar prazas
    • Oficina planta baixa - Centro Cívico
    • 10:00 - 14:00 (Xoves 9 de Febreiro de 10:00 - 12:00)
  • Nen@s Cerceda
    • A partir do Venres 10 de Febreiro ata completar prazas
    • Oficina planta baixa - Centro Cívico
    • 10:00 - 14:00
  • Nen@s A Silva
    • CEIP Celso Emilio Ferreiro
Prazas limitadas por orde de inscrición 2 inscricións por persoa Attachments:
PROGRAMACION CURSOS DE INFORMATICA.pdf

Curso de Cosmética natural no mes de marzo: aberto o prazo de inscrición

CURSO DE COSMÉTICA NATURAL.Inscricións a partir do 7 de febreiro O Concello de Cerceda organiza para o mes de marzo, un curso de cosmética natural. O prazo de inscrición abre o martes 7 de febreiro e as prazas están limitadas a 15. A actividade desenvolverase os mércores (1, 8, 15, 22, 29 de marzo e o 5 de abril de 2017) das 18:30 ás 20:30 h no Centro Cívico de Cerceda. Neste obradoiro comprenderemos a importancia dos cosméticos ecolóxicos na nosa saúde e aprenderemos as técnicas básicas para a elaboración de produtos de cosmética natural adaptados a cada tipo de pel como por exemplo: as propiedades curativas das prantas, a limpeza do cute, a elaboración de xabóns naturais e de emulsións así como a personalización de cosméticos de hixiene persoal (cremas, pastas de dentes, bálsamos)
  • Duración:12 horas (6 sesións de 2 horas cada unha)
  • Horario: Mércores do 1 de marzo ao 5 de abril, das 18:30 ás 20:30h. Centro Cívico
  • Custe: 15,00 euros. Co desconto de 15% co Carné Xove: 12,75 euros.
  • Inscricións: A partir do 7 de febreiro de 2017 nas Oficinas xerais do Concello
Prazas limitadas a 15 persoas Attachments:
3 OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL.pdf

Merendas e Contos este venres na Biblioteca da Silva

Xa temos unha nova edición das Merendas e Contos 2017. Arracamos este venres, 27 de xaneiro, na Biblioteca da Silva a partir das 17:15H. Non esquezas facer a inscrición nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA DA SILVA - VENRES, 27 de xaneiro
  • Espectáculo: PAN E AUGA?? SOPAS!! do grupo XANDOBELA
  • Recomendado para nen@s a partir de 4 anos de idade

IV Aberto de Billarda Moncho Valcarce este domingo 29 de xaneiro nas Encrobas

O próximo domingo, 29 de xaneiro dende as 11H, terá lugar o IV Aberto de Billarda Moncho Valcarce, da 7ª xornada de liga 2016/2017 da Conferencia Noroeste, en Pontoxo - As Encrobas. Ao remate desenvolverase unha homexane a Moncho Valcarce e a entrega de premios. Así mesmo a xornada compleméntase con outras actividades como a Exposición LNB- 10 anos de actividade e hiperenxebrismo e a proxección de documentais sobre Moncho Valcarce no local social de Pontoxo. Ás 16:30H, proxectarase a curtametraxe Unha muller que pasa-silencio" de Xosé Bocixa e Paco Gallego. A seguir actuarán as Pandereteiras das Encrobas. As persoas interesadas en participar no xantar deberán facer a súa reserva no teléfono 687607477 Unha actividade promovida pola A.C. LUCERNA coa colaboración do Concello de Cerceda

Curso de Iniciación ao PhotoShop: apertura do prazo de inscrición

CURSO DE FOTOGRAFÍA: INICIACIÓN AO PHOTOSHOP INSCRICIÓNS A PARTIR DO 4 XANEIRO
  • Aprenderemos o uso básico do PhotoShop, programa líder de creación e edición de imaxes.
  • Duración do curso: 30 horas
  • Horario: Sábados, das 11 ás 13:30H. Do 28 de xaneiro ao 29 de abril, con descanso o sábado de Entroido e o sábado de Semana Santa
  • Custe: 37,5 euros. Con desconto de 15% co Carné Xove
  • Prazo de inscrición: A partir do 4 de xaneiro de 2017 nas Oficinas Xerais do Concello
Descarga dende esta nova a solicitude de inscrición.
Attachments:
SOLICITUDE CURSO DE INICIACION AO PHOTO….pdf

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín