Noticias

Listaxe provisional do alumnado admitido e en agarda na escola infantil municipal. Curso 2017-2018

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018. Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación. As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva. Máis información no Departamento de Servizos Sociais Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO, EN AGARDA E PRAZAS DISPOÑIBLES.doc

EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE PRAZA DE ECUCADOR/A FAMILIAR

Convocatoria de praza de educador familiar. Lista de reserva das probas selectivas para a contratación en réxime laboral temporal dun educador familiar interino para o Departamento de Servizos Sociais. Ver máis información na Sede Electrónica do Concello

Plan de transporte público de Galicia

Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello. As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico

Escapp: Aplicación de apoio ás victimas da violencia e xénero

Escapp é unha aplicación para dispositivos móbiles, elaborada pola Secretaría xeral da Igualdade que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopen nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións. Está dispoñible tanto en galego como en castelán e permite acceder a información de apoio, directorio de servizos, a ónde acudir e consellos prácticos de como actuar ante situacións de violencia machista. Máis información no seguinte enlace.   DESCARGA NA APP STORE   DESCARGA EN GOOGLE PLAY Attachments:
aplicacion-escapp

NOVO REGULAMENTO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "OS PILLABÁNS"

Entra en vigor o novo Regulamento da Escola Infantil Municipal de Cerceda "Os Pillabáns", que foi publicado o xoves 9 de xullo de 2015 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 128. Podes consultar o Regulamento neste enlace.

Autorizacións municipais para Festas parroquiais e verbenas populares

AUTORIZACIÓNS MUNICIPAIS PARA A CELEBRACIÓN DE VERBENAS E FESTAS POPULARES EN GALICIA   Aparece regulado na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da Competitividade económica de Galicia (Capítulo III: Artigos 39 a 46) Attachments:
Lei do emprendemento e da competitividad económica de Galicia.pdf
Solicitude Festas.pdf

Campamento Europeo Cerceda 2018

CAMPAMENTO EUROPEO CERCEDA 2018... Buscamos moz@s de Cerceda que estean dispostos a vivir unha experiencia única!!
toc toc.... 
Moz@s de Cerceda...Se tes 13 ou máis anos e ganas de pasar unha semana de intercambio con outr@s moz@s europe@s e disfrutar dunha experiencia única... Contacta con nós no 981685001. As prazas son limitadas!! #googdvipes  

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín