Noticias

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Cores e Persoas de Trinke Trinke este venres nas Merendas e Contos da Biblioteca de Cerceda

Este venres a Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos, a partir das 17:15h, pola Compañía Trinke Trinke. A gran Lilí Gruyère vèn dunha xira polos EEUU da que trae moitos agasallos para os demais ratiños e ratiñas de Lonxedetodo. Na súa maleta, tamén, ten sitio pra varios libros de contos...que compartirá con nós! Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA --- VENRES, 8 DE XUÑO ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO: Cores e persoas, da Compañía Trinke Trinke Teatro
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
   

Trinke Trinke voltan ás Merendas e Contos na Biblioteca da Silva este venres 25 de maio

Así que non esquezas facer a túa inscrición para as Merendas e Contos deste venres, 25 de maio ás 17:15h, na Biblioteca municipal da Silva.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA --- VENRES, 25 DE MAIO ÁS 17:15H
  • ESPECTÁCULO DA COMPAÑÍA TRINKE TRINKE
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001
Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018 @DACCultura facebook.com/Culturadac

Chega a Cerceda a mostra gañadora do XIII Premio Castelao de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña

Chega a Cerceda a exposición “O Corpo de Cristo” da coruñesa Bea Lema gañadora do Certame XIII Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, no ano 2017. A mostra permanecerá na Sala de Exposicións municipal Xosé Neira Vilas, do 29 de maio ao 12 de xuño en horario das 15:30 ás 20:30h, de luns a venres, e das 10:00 ás 14:00h os sábados. Bea Lema, formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña inicia a súa traxectoria profesional traballando para a firma de cerámica Sargadelos. A mostra “O Corpo de Cristo” está composta por 20 paneis e a través deles, e tal e como salientou o xurado do Certame, mostra a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos e de sensibilidade para contar patoloxías mentais dende o punto de vista infantil.
  • SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS XOSÉ NEIRA VILAS—BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • DO 29 DE MAIO AO 12 DE XUÑO
  • HORARIO: L-V das 15:30 ás 20:30h e Sábados das 10:00 ás 14:00h
Coa colaboración da Deputación da Coruña @DACCultura

Os vellos non deben namorarse de Fantoches Baj, este domingo 13 de maio no Auditorio municipal

Os Vellos non deben de Namorarse por Fantoches Baj Desde a súa estrea no teatro Mayo de Buenos Aires no 1941, data da que se cumpriron 75 anos no 2016, Os vellos non deben de namorarse foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria de obrigada lectura como texto de múltiples e variadas propostas escénicas. O deseño dos monicreques e escenografía segue punto por punto os deseños feitos por Castelao para a súa estrea, dos que existe unha abundante documentación (deseños, fotos, partituras, máscaras e anotacións.) Un espectáculo de calidade que respecta as intencións do autor. Non esquezas a cita, domingo 13 de maio ás 18:00h, no Auditorio municipal de Cerceda. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018 @DACCultura facebook.com/Culturadac

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda este venres 27 de abril

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
  • Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
 

Feo! de Caramuxo Teatro este domingo 22 de abril no Auditorio municipal de Cerceda

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato , inspirado en“O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente... Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.
Anota a cita... 
  • DOMINGO, 22 DE ABRIL--ÁS 17:30H
  • FEO! DE CARAMUXO TEATRO-- PARA NEN*S A PARTIR DE 3 ANOS
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
Coa colaboración da Rede Cultural 2018 da Deputación da Coruña

Maxia, Merendas e Contos este venres na Biblioteca da Silva

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
  • POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
  • INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
 

Avós de Trinke Trinke Teatro este venres 16 de marzo na Biblioteca municipal de Cerceda

Atención...!! este venres, 16 de marzo a partir das 17:15h, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • VENRES, 16 DE MARZO, ÁS 17:15h. MERENDAS E CONTOS BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Espectáculo: AVÓS, de TrinkeTrinke Teatro (a partir de 3 anos)
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín