Noticias

Faise saber, que en cumprimento da normativa electoral vixente (Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño e as súas modificacións) e de cara á convocatoria das Eleccións ao Parlamento europeo 2024 (data da votación 09/06/2024), están a disposición do público os seguintes censos electorais :

CENSO ELECTORAL DE ESPAÑOIS RESIDENTES EN ESPAÑA (CER),CENSO ELECTORAL DE ESPAÑOIS RESIDENTES NO ESTRANXEIRO (CERA), CENSO ELECTORAL DE
ESTRANXEIROS DA UNIÓN EUROPEA RESIDENTES EN ESPAÑA (CERE – con intención de voto), así como a lista das MESAS ELECTORAIS, para a súa CONSULTA OU POSIBLE
RECLAMACIÓN ADMINISTRATIVA (por parte das persoas interesadas), no prazo, lugar e horarios .../...

>>> Ver ou descargar BANDO (documento completo pdf)

Dende o 15 ao 30 de abril de 2024 está aberto o prazo de solicitude de praza nova na escola infantil "Os Pillabáns" para o curso 2024/2025.

A documentación precisa que se debe de adxuntar xunto co modelo de solicitude é a que se acompaña no anexo. Esta documentación debe ser presentada na Sede Electrónica do concello, no Rexistro Xeral ou en Servizos Socias do concello, en horario de 9.00horas a 14.00horas.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

O próximo día 22/04/2024 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

  1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
  2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.
  3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)

Segundo o Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, cómpre rexistrar as explotacións avícolas existentes en todos os concellos de Galicia.

Con respecto a esta normativa, informámosvos:
• Esta obriga esténdese tamén ás explotacións (galiñeiros) dedicadas ao autoconsumo.

• Ademais de non comercializar coa carne ou os ovos, o número de aves das explotacións de autoconsumo non debe ser superior a trinta.

• O incumprimento desta medida pode dar lugar a sancións. É preciso presentar o código que recibirán ao presentar o trámite para mercar polos para repoñer no curral.

• No caso das explotacións que comercialicen os ovos ou a carne, ademais de cubrir o impreso específico, recoméndase contactar coa Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña.

O impreso da Xunta de Galicia a cubrir é o MR501A
https://acortar.link/7ZO0ai

O Concello de Cerceda presentou esta mañá a terceira edición da proba deportiva Poseidon Race organizada polo club local OCR Cerceda, en colaboración co Concello. Esta proba deportiva consiste nunha carreira de obstáculos que terá lugar o 25 de maio no Aquapark cercedense e as súas inmediacións.

A proba deuse a coñecer hoxe, ás 13:45 horas, no salón de plenos da Casa do Concello e no acto interviñeron o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Óscar Golán; e o presidente do OCR Cerceda, Álvaro Sánchez.

A carreira contará coas categorías Elite, Starter e Popular. A primeira terá un percorrido de 10 quilómetros e 60 obstáculos, mentres que as restantes, a diferencia da edición do ano pasado, terano de 8 quilómetros. Iso si, terán que superar o mesmo número de obstáculos, nos que se porá a proba a forza, o equilibrio ou a puntería dos e das participantes.

A primeira categoría que tomará a saída será a Elite e producirase ás 15:00 horas. A continuación, ás 16:20 horas, arrancarán os ‘starters’ e as categorías populares sairán cada 20 minutos dende as 16:40 ata as 18:00 horas.

Esta proba forma parte da Liga OCRA Galicia 2024, Liga AOCO, Liga North Finals e será clasificatoria para o mundial de California OCRW.

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

Esta III edición da Poseidon Race apunta a que será un éxito rotundo de participación, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo. A máis de dous meses da proba, o número de anotados roza os 660, a menos de 50 inscritos do récord establecido o ano pasado, cando participaron 700 persoas. Para formar parte da proba, as persoas interesadas deberán apuntarse a través da páxina www.ccnorte.com

En Cerceda daranse cita os mellores atletas nacionais e internacionais deste tipo de carreiras con deportistas de elite chegados dende países como Portugal, Dinamarca, Bélxica, Sudáfrica ou Alemaña.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, subliñou “a aposta decidida deste goberno pola colaboración con este tipo de eventos, que fomentan o deporte e que lle dan visibilidade a recursos que son de moito interese para nós”.

“Co noso apoio imos tratar de darlle un novo impulso a unha cita que non deixa de medrar, tanto a nivel de participación como de calidade, nas verbas dos propios participantes”, insistiu o rexedor.

O presidente do club organizador da carreira, Álvaro Sánchez, agradeceu a colaboración do Concello de Cerceda, pois “sen ela sería totalmente imposible darlle ao evento a magnitude que ten a día de hoxe”.

Amosou a súa “felicidade” polo grande éxito de inscricións e “animo á xente a que sigan anotándose”. Fixo fincapé en que “este ano formarán parte da Poseidon Race algúns e algunhas dos mellores corredores/as do mundo”, o que definiu como “un soño para nós”.

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz en Cerceda, o que permitirá dispor de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), LLega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para consultar as localidades nas que xa están activos estes servizos, pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

Teléfono gratuito de atención ó cidadán: 900 833 999

www.llega700.es

 

Ver ou descargar documento informativo completo (pdf)

 

infografia700

Páxina 1 de 31