Formación e emprego

AVISO de modificación da data do exame práctico da praza de administrativo/a

Reunido o tribunal cualificador da  praza de admnistrativo/a interino/a, e á vista das bases da convocatoria, Resolve: 1.- Conceder prazo de alegacións ata o día:  martes 20 de marzo de 2018, que deberán ser enviadas ao correo electrónico, " \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. " 2.- As alegacións, de habelas, resolveránse o mércores día 21 de marzo de 2018. Serán comunicadas aos interesados polo correo electrónico que facilitaran eles mesmos. 3.- O exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda.  Polo que anúlase a convocatoria feita para o día 19 de marzo ás 9:30h. Cerceda, 16 de marzo de 2018

Convocatoria proba práctica de exame de administrativo/a interino/a para o 19 de marzo de 2018

Reunido o Tribunal cualificador acorda convocar a proba práctica para o vindeiro día 19 de marzo de 2018 as 9.30 horas, que se realizará no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os opositores convocados son os seguintes:
NUMERO DE OPOSITOR NOTA
 6. 5,30
 11. 5,95
 12. 5,20
 15. 5,05
 19. 8,75
 20. 7,30
 22. 6,80
 23. 5,45
 25. 5,70
 27. 7,30
Cerceda, 15 de marzo de 2018. O TRIBUNAL

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA PROCESO SELECTIVO PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, TRIBUNAL , LUGAR E DATA DE EXAME Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17... >>> Ver resolución completa

LISTAXE PROVISIONAL BOLSA DE TRABALLADORES/AS SOCIAIS

Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018) Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html           Convócanse as probas selectivas para o acceso a Bolsa de Emprego de Traballadores/as Sociais do Concello. Máis información:   http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/09/2018_0000001072.html

Xornada de Cooperativismo

A Mancomunidade de Ordes organiza unha Xornada de Cooperativismo para o xoves de 22 de setembro na Biblioteca municipal de Cerceda. Permanece aberto o prazo de inscrición. Esta xornada enmárcase dentro das actuacións de difusión do cooperativismo realizadas pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes.
  1. Quén pode participar? Persoas desempregadas, institucións públicas ou privadas e calquera persoa que teña interese en coñecer a fórmula do emprendemento cooperativo.
  2. Cales son os obxectivos da xornada de Cerceda?
  •  Fomentar o autoemprego
  • Dar a coñecer o cooperativismo como modelo empresarial a ter en conta á hora de emprender
  • Promover a divulgación e o intercambio de ideas innovadoras.
3. INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
  • OFICINA DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO DA COMARCA DE ORDES: 981680002
  • CONCELLO DE CERCEDA: 981685001
  PROGRAMA DA XORNADA DO 22 DE SETEMBRO EN CERCEDA
  • 9.30H RECEPCIÓN DAS PERSAS PARTICIPANTES
  • 10.00H RECURSOS E APOIOS PARA O EMPRENDEMENTO
  • 10.30H MESA DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS: NOVA ASECONIA S.COOP.GALEGA e URDIME S.COOP.GALEGA
  • 11.30H PAUSA CAFÉ
  • 12.00H MESA DE TRABALLO CON ÁLEX PEREIRA ASESOR DE COOPERATIVISMO
  • 14.30H PECHE DA XORNADA
  Attachments:
Cerceda diptico.pdf

Obradoiro de Emprego CERCEDA-TORDOIA-TRAZO: Publicación das bases para a selección do alumnado traballador e do persoal

OBRADOIRO DE EMPREGO CERCEDA-TORDOIA-TRAZO O Concello de Cerceda ten concedido o desenvolvemento dun Obradoiro de Emprego cos Concellos de Tordoia e Trazo. As entrevistas de selección do alumnado traballador/a e do persoal docente e administrativo desenvolveranse durante os días 28 e 29 de xullo. Para dar publicidade do procedemento publícanse as bases polas que se rexerá o proceso selectivo.   Attachments:
1Bases.pdf
2Baremo alumnado(1).pdf
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín