Concello

Publicación da Resolución das subvencións municipais 2016 a deportistas e ás entidades culturais e deportivas

Publícase a resolución 2016 da Convocatoria de Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades durante o ano 2016 (convocatoria publicada no BOP núm. 24, de 05 de febreiro de 2016) O prazo de xustificación das axudas concedidas rematará o o 15 de decembro de 2016. A documentación xustificativa tamén está dispoñible nesta nova.   Attachments:
1RESOLUCION 2016_PUBLICACION WEB.pdf
DEPORTISTAS_XUSTIF.2016.pdf
ENTIDADES_XUSTIF.2016.pdf

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS FISCAIS 2015. Prazo de exposición do 15 de setembro ó 20 de outubro.

Dende o día 15 de setembro están en exposición pública os seguintes padróns fiscais: - Imposto sobre bens inmobles urbanos. - Imposto sobre bens inmobles rústicos. - Imposto sobre bens de caracterísitcas especiais. - Imposto sobre actividades económicas. Os padróns fiscais quedarán expostos ó público na Deputación Provincial da Coruña (rúa Archer Huntington, nº 17, 15001. A coruña), onde poderán ser examinados polas persoas interesadas. Tamén se pode consultar nas oficinas municipais, no departamento de Intervención, previa presentación do DNI da persoa contribuínte ou o recibo do imposto correspondente o ano 2014. O último día de exposición será o 20 de outubro de 2015.   Attachments:
BANDO EXPOSICION PUBLICA PADRONS FISCAIS.pdf

Concentración polas vítimas do Ralli de A Coruña

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA POLAS VÍTIMAS DO RALLI DE A CORUÑA Ás 12h, concentración diante da Casa do Concello de Cerceda, en recordo das vítimas do accidente do Ralli de A Coruña da pasada fin de semana. O Concello de Cerceda declara dous días de luto oficial Attachments:
Concello de Cerceda Declaracion luto oficial.pdf

Constituída a nova Corporación Municipal

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito: Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as
  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo
Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as
  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro
Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as
  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín