Concello

Proxectos de eficiencia enerxética financiados polo INEGA a través dos Fondos Feader en Cerceda

O Concello de Cerceda executou, ao abeiro da Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establece a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestructuras, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, as obras:
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar da Estación en Queixas
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar de Liñares en Xesteda
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar de Acebedo – Extrema en Cerceda
Estas obras foron subvencionadas polo INEGA e cofinanciadas por fondos FEADER Attachments:
Reportaxe fotográfica Acebedo 2.pdf
Reportaxe fotográfica Liñares 2 .pdf
Reportaxe fotográfica Queixas 2.pdf

Calendario municipal 2017

O Concello de Cerceda presenta o seu  Calendario municipal 2017; a través das súas páxinas coñeceremos os logros deportivos dos/as nosos/as deportistas máis destacados/as. Comeza a súa distribución polos diferentes fogares de Cerceda. FELIZ 2017

Remata o prazo de xustificación das Subvencións municipais ás entidades culturais e deportivas

O prazo de xustificación das axudas concedidas para este ano 2016 remata o 15 de decembro, ás 14:00h. As entidades culturais e deportivas así como os/as deportistas beneficiarios/as da Convocatoria de Subvencións Municipais 2016 teñen ata o 15 de decembro para entregar a documentación xustificativa das ditas axudas. Os impresos están dispoñibles nas Oficinas xerais e nesta páxina web (acceso dende esta nova)   Attachments:
1RESOLUCION 2016_PUBLICACION WEB.pdf
DEPORTISTAS_XUSTIF.2016.pdf
ENTIDADES_XUSTIF.2016.pdf

Horario habitual no Punto Limpo Municipal

A partir do día 24 novembro de 2016 o horario do punto limpo volve a ser o habitual.   Luns a venres de 16:00 horas a 20:00 horas Sábado:10:00 horas a 14:00 horas   Para calquer consulta poden dirixirse a Área de Sanidade e Medio Ambiente do Concello de Cerceda.

INEGA Enerxías Renovables 2016: Proxectos Cerceda

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
Attachments:
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_ENCROBAS.pdf
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_QUEIXAS.pdf

Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

Consulta a programación de actividades municipais para este mes de outubro

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL OUTUBRO 2016 Xa tes a túa disposición a proposta de actividades para este mes de outono:   ACTIVIDADES DE LECER E CURSOS A partir do 1 de outubro deron comezo as diferentes actividades deportivas e socioculturais.
  • Curso de iniciación á fotografía: dará comezo o sábado 8 ata o 17 de decembro, na Biblioteca municipal de Cerceda
  • Curso de elaboración de conservas de pescado: O prazo de inscrición abrirase o martes 4 de outubro. A actividade realizarase o mércores 26 de outubro, das 17:30 ás 20:30h, no Centro Cívico de Cerceda.
  • Obradoiro de cosmética natural: Desenvolverase os sábados 22 e 29 de outubro, no Centro Cívico de Cerceda. As prazas están agotadas.
A partir do 13 de outubro abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de novembro: * Obradoiro de cociña “Coas mans na masa” para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade. * Curso de cociña saudable
  • Viaxe a Francia: Dende o 8 ao 14 de outubro, realizarase a Viaxe a Francia con visita á vila de Escalquéns coa que está irmandada o Concello de Cerceda, con visitas, ademáis, a San Sebastián, Lourdes, Toulouse
  • Viaxe a Outeiro de Rei de novembro: apertura do prazo de inscrición a partir do 4 de outubro no 3º andar das dependencias municipais.
AXENDA CULTURAL
  • Exposición XII Premio de Creación Luis Ksado, na Sala municipal Xosé Neira Vilas. Que permanecerá dende o 11 ao 23 de outubro en horario de visita das 15:00 ás 21:00 h, de luns a venres, e os sábados de 10:30 á 14:00h
  • ELEFANTE ELEGANTE CON NUNCABUNGA, o domingo 16 de outubro no Audiotorio municipal de Cerceda, ás 18:00h. Un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público familiar e infantil a partir de 3 anos.
  • Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, o venres 21 de outubro a partir das 17:15h.
  • Magosto tradicional no Centro social da Terceira idade, o domingo 23 dende as 18:00h
  • Gala de recepción aos e ás deportistas cercedenses destacados/as co concerto de Carlos Bau, o venres 28 de outubro a partir das 19:30h, no Auditorio municipal de Cerceda.
CELEBRACIÓN DO DÍA DO DEPORTE: Domingo, 30 de outubro no Complexo deportivo O Roxo, dende as 11:00h Durante esta xornada queremos homenaxear ao deporte con diferentes actividades nas que poidan participar os máis pequenos aos máis grandes, con diferentes actividades: xincanas, achegamento ao padel, entre outras. É preciso facer a inscrición nas Oficinas xerais do Concello dende o día ... CONVOCATORIAS E TRÁMITES MUNICIPAIS * Axudas municipais para material escolar: o prazo de xustificación será do 1 ao 21 de outubro * Horario do Punto Limpo durante o mes de outubro:
  • Martes e Xoves das 10:30 ás 13:30 horas
  • O resto dos días (luns, mércores e venres) deberase chamar ao 981685001 para que se proceda a abrir en horario de 9:00 a 14:00 horas
  • Os sábados e os domingos permanecerá pechado

Exposición pública das listas electorais para a formación de listaxes de candidatos a xurado

Publícase o Bando de exposición pública das listas electorais para a formación das listas de candidatos a xurados.   En cumprimento da normativa electoral vixente, e de cara á formación de listas de candidatos a xurados, atópanse expostas ao público as listas electorais deste concello para a súa consulta por todos aqueles que así o desexen, no prazo e lugar seguintes: PRAZO DE EXPOSICIÓN: Do 20 ata o 26 de setembro (ambos inclusive) LUGAR DE EXPOSICIÓN: Na oficina de Rexistro-Estatística, andar baixo da Casa Consistorial. En horario de 9:00 a 14:00h, de luns a venres   Attachments:
Bando exposicion listas electorais_xurado.pdf

Exposición pública dos padróns fiscais 2016

BANDO EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS FISCAIS 2016 A partir do 15 de setembro están en período de exposición pública os seguintes padróns fiscais do exercizo 2016:
  • IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES URBANOS
  • IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES RÚSTICOS
  • IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS
  • IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
Período e lugar de exposición
  • Na Deputación Provincial da Coruña (rúa Archer Milton Huntington, núm. 17, 15001 A Coruña)
  • Nas oficinas municipais, no departamento de Intervención, previa presentación do DNI da persoa contribuínte ou o recibo do imposto correspondente ao ano 2015
Prazo de exposición: Do 15 de setembro ao 20 de outubro de 2016, ambos inclusive Attachments:
BANDO EXPOSICION PUBLICA IMPOSTOS.pdf

Accede ás novidades do Boletín de información municipal núm. 40

Boletín de Información municipal núm. 40 accede dende aquí NOTA: Adevertíronse as seguintes erratas
  • PROGRAMA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2016/2017: Por erro inclúese a actividade de ximnasia rítmica que non se oferta na programación 2016-2017
  • OBRADOIRO DE COSMÉTICA NATURAL: Desenvolverase os sábados 22 e 29 de outubro
Attachments:
boletin 40.pdf
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín