Cultura e educación

Os Bolechas chegan a Cerceda o sábado 3 de outubro

CONFIRMADO... OS BOLECHAS E A SÚA MÁQUINA DO TEMPO CHEGARÁN A CERCEDA O SÁBADO 3 DE OUTUBRO!! A través da Programación FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística ANOTA... E NON ESQUEZAS A TÚA CITA:
  • OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • SÁBADO, 3 DE OUTUBRO, ÁS 18H
  • ATA COMPLETAR AFORO
 

Programación Cursos Informática: atención aos prazos de inscrición

OFERTA CURSOS DE INFORMÁTICA OUTUBRO 2015-FEBREIRO2016 As solicitudes deberanse facer, nos horarios sinalados a continuación, no Centro Cívico por estrita orde de inscrición:
  • Cursos Nenos/as: Inscricións o 15 de setembro, das 10-14h
  • Cursos Adultos/as Nivel I e III: o 16 de setembro, das 10-14h
  • Cursos Adultos/as Nivel II: 17  de setembro, das 10-14h
OFERTA CURSOS INFORMÁTICA OUTUBRO 2015-FEBREIRO 2016
ADULTOS Nivel I Cerceda Luns e Xoves de 10:00 a 11:15
Nivel II Cerceda Luns e Xoves de 11:30 a 12:45
Nivel II Cerceda Martes e Venres de 10:00 a 11:15
Nivel II A Silva Mércores de 10:30 a 12:30
Nivel III Cerceda Martes e Venres de 11:30 a 12:45
NENOS/AS Nen@s de 6º E.I. e 1º E.P. Cerceda Luns de 16:15 a 17:15
Nen@s de 2º e 3º E.P. Cerceda Xoves de 16:15 a 17:30
Nen@s de 6º E.I., 1º, 2º e 3º de E.P. A Silva Mércores de 15:00 a 16:00
Attachments:
Formulario Inscricion ADULTOS.pdf
Formulario Inscricion NEN@S.pdf

Xardín Botánico

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.

En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

Certame escolar XX Anos do Museo do Moucho, con nós: entrega de premios

CERTAME ESCOLAR XX ANOS DO MUSEO DO MOUCHO, CON NÓS!! Este martes, 16 de xuño, fíxose entrega dos premios do Certame escolar, que organiza o Concello de Cerceda en colaboración cos centros educativos, para conmemorar o XX Aniversario da apertura do Museo do Moucho. O xurado nomeado para resolver o Certame acordou os seguintes premios nas catro categorías: PRIMEIRA CATEGORÍA: Alumnado de Ed. Infantil
  1. Primeiro Premio: Juan Álvarez Pazos- CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Darío Fariña Vila - CEIP O CALVARIO
  3. Terceiro Premio: Héctor Dubra - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
SEGUNDA CATEGORÍA: Alumnado de 1º e 2º curso de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Carla Santos Fuentes - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  2. Segundo Premio: Iván Ramos Sánchez - CEIP O CALVARIO
  3. Terceiro Premio: Darío Pallas Marzoa - CPI O CRUCE
TERCEIRA CATEGORÍA: Alumnado de 3º e 4º curso de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Brais Doval Fernández - CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Minerva García Pazos - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  3. Terceiro Premio: Alba Rodríguez Fraga - CPI O CRUCE
CUARTA CATEGORÍA: Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria
  1. Primeiro Premio: Alexia Estevez Quintero - CPI O CRUCE
  2. Segundo Premio: Ana Vázquez Rama - CEIP CELSO EMILIO FERREIRO
  3. Terceiro Premio: Emilio García Raña - CPI O CRUCE
 Os traballos presentados quedan expostos na Sala municipal de Exposicións Xosé Neira Vilas. O horario das visitas é de luns a sábado, das 15:30 ás 20:00h Attachments:
Acta do Certame escolar MUSEO DO MOUCHO2015.pdf
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín