Cultura e educación

Papá Noel visita Cerceda

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce.  Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.  

Os fabulosos Cleaners co seu espectáculo máxico de pompas de xabón este domingo 17 de decembro no Auditorio de Cerceda

Chega a Cerceda o sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón dos Fabulosos Cleaners, este domingo 17 de decembro a partir das 18:00h, no Auditorio municipal de Cerceda. Comeza o Nadal... E ti, vas a perdelo? OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Tarde de Maxia o sábado 2 de decembro co Mago Román e Kiko Pastur

O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h   O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos. Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

O Apóstolo o domingo 3 de decembro no Auditorio municipal de Cerceda

O domingo 3 de decembro toca Cine no Auditorio municipal de Cerceda coa proxección do filme O Apóstolo. Non quedes sin a túa butaca!!! Ás 17:30 horas Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, o venres 24 de novembro

Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
  • ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
  • Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é un  espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación  co público.  Pero…quen  canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala  Manolito Listón, o alcalde, porque él di que  unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas  vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…  Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.

O espectáculo A nena que quería navegar de Redrum Teatro o domingo 26 de novembro

Domingo, 26 de novembro –REDRUM TEATRO- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda   A nena que quería navegar es un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 a 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco tempo acapara as portadas de todos os periódicos, o acoso escolar. En él contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empurróns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura encontrará a Xeadeiro, unha personaxe máxica e vital, mostrándolle que dentro de cada uno de nós escóndese un ser único e especial.   Infantil, entre 6 y 12 años | Teatro musical | 50 minutos Coa colaboración da Deputación da Coruña

Os Rockeinstein de Malasombra este domingo 5 de novembro no Auditorio municipal de Cerceda

 Domingo, 05 de novembro – MALASOMBRA--- OS ROCKEINSTEIN Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un apaixoado da música consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock. Un espectáculo de humor no que non faltará a boa música destas futuras estrelas do rock!! Para todos os públicos. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda, este venres 27 de outubro

Este venres, 27 de outubro ás 17:30, na Biblioteca municipal de Cerceda toca unha nova sesión de Merendas e Contos. Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo "A cabeza do dragón". Fai a túa inscrición  nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 27 DE OUTUBRO// ÁS 17:30H
  • Espectáculo: A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo. A partir de 4 anos
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017.

Sábado Cine coa proxección de Maimiño e o espello máxico no Auditorio municipal

Anota na axenda... este sábado, 28 de outubro ás 19:00h, temos sesión de cine no Auditorio municipal de Cerceda coa proxección do filme "Maimiño e o espello máxico".
  • SÁBADO CINE: 28 de outubro ás 19:00h
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Coa colaboración do Programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017
Sinopse: Maimiño conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar a súa familia da pobreza e se lanza á cidade xunto aos seus irmáns. Alí descobren que un enorme carballo encantado ten o palacio do rei na penumbra e sen auga, e que o soberano prometeu outorgarlle o título de marqués e darlle á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen corte a árbore e abra o pozo.

Abre o prazo de solicitude do Obradoiro de Cociña para nen@s este martes 17 de outubro

O Concello de Cerceda organiza unha nova edición do Obradoiro de cociña "Coas mans na masa" para os/as máis pequenos/as para o mes de novembro. O prazo de solicitude abre ese martes 17 de outubro. O Obradoiro desenvolverase os mércores do mes de novembro (a partir do día 8) das 17:15 ás 18:45 horas no Centro Cívico de Cerceda. As prazas son limitadas e vai dirixido a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. As inscricións deberán facerse nas Oficinas xerais do Concello a partir do martes, 17 de outubro.
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín