Servizos sociais

Xornada de autoemprego e cooperativismo

XORNADA DE AUTOEMPREGO E COOPERATIVISMO NO CONCELLO DE CERCEDA DÍA: VENRES 25 DE AGOSTO LUGAR: CONCELLO DE CERCEDA             BIBLIOTECA MUNICIPAL              PRAZA CAMPO DA FEIRA 17 HORARIO: DE 10 A 13 HORAS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: - Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes            981 68 00 02            \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Concello de Cerceda            981 68 50 01            \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Attachments:
FOLLETO CERCEDA.pdf

Listaxe provisional do alumnado admitido e en agarda na escola infantil municipal. Curso 2017-2018

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018. Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación. As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva. Máis información no Departamento de Servizos Sociais Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO, EN AGARDA E PRAZAS DISPOÑIBLES.doc

EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE PRAZA DE ECUCADOR/A FAMILIAR

Convocatoria de praza de educador familiar. Lista de reserva das probas selectivas para a contratación en réxime laboral temporal dun educador familiar interino para o Departamento de Servizos Sociais. Ver máis información na Sede Electrónica do Concello

Plan de transporte público de Galicia

Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello. As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico

Termalismo Social IMSERSO. Ano 2017

O IMSERSO abre o plazo de solicitude para participar no Programa de Termalismo Social para o ano 2017. Os prazos de presentación das solicitudes son os seguintes: - Para as quendas dos meses de febreiro a agosto: ate o día 13 de xaneiro de 2017 - Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 12 de maio de 2017   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68   Attachments:
BALNEARIOS PARTICIPANTES.pdf
FOLLETO INFORMATIVO.pdf

Xustificación das axudas municipais para o transporte escolar. Curso 2016-2017

As persoas beneficiarias das axudas municipais para o transporte escolar para o curso 2016-2017, deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa no mes de decembro. De non presentar dita documentación dentro do prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición.
O pagamento da axuda concedida efectuarase logo de rematar o prazo de xustificación e comprobación da correspondente documentación.     Attachments:
ANEXO VI XUSTIFICACION.doc

Cena - baile de Nadal, sábado 17 de decembro 2016

Desde o Concello de Cerceda, organizase un ano mais a Cena – baile de Nadal, que será o sábado 17 de decembro, no Restaurante O Panadeiro. O programa para a cena – baile, será o seguinte :     A cena comeza ás: 21.30   Menú:   Empanada da casa   **** Langostinos   **** Secretos de Porco Ibérico, sobre patacas panadeiras e pementos  con salsa de Queixo San Simón   **** Bizcocho de Froitos Roxos  Crema de queixo con Xeado  de Fresa   Bebidas:   Augas minerais ou refrescos D.O. Rioxa Crianza D.O. Rías Baixas Café, uvas y cotillón Viño espumoso    O rematar a cena dará comezo  o baile.   * O programa esta suxeito a posibles imprevistos que poidan xurdir.   Prezo por persoa : 25 €   Para anotarse, deben achegarse ao 3ª andar do edicio municipal.  Se precisan mais información poden chamar ao 981 68 60 68.  

Exposición Cartas de Amor

No Concello de Cerceda, estará dipoñible para visitar a exposición Cartas de Amor, na sala de exposicións da biblioteca municipal, en horario de 15.00 - 21.00 aberta a toda a poboación. Estará para visitar desde o 22 de novembro, ao 14 de decembro.  

Resolución das solicitudes concedidas e denegadas para o transporte escolar. Curso 2016-2017

Rematados os prazos de presentación de solicitudes e de subsanación da documentación requirida, unha vez valoradas todas as solicitudes, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 16 de novembro aprobou a listaxe das axudas concedidas e das denegadas. As persoas interesadas de acordo coas bases da convocatoria, deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa no mes de decembro. De non presentala dentro do prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. O pagamento da axuda concedida efectuarase logo de rematar o prazo de xustificación e comprobación da correspondente documentación. Attachments:
LISTAXE CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

TEXTING-TERAPIA

A telefonía móbil como terapia para mulleres en risco de exclusción social. Asi é o proxecto posdoutoral que un grupo de investigadores da USC, da Universidade de Coimbra e da Universidade de California-Berkeley transladora a comarca compostelá. O grupo de investigadores condiera que os móbiles poder ser unha ferramenta útil en terapias psicosociais, unha técnica empregada xa en estudios estadounidenses. Para o proxecto contaron coa axuda da Xunta de Galicia, e con diversos concellos da área compostelá, entre os que Cerceda é voluntario. Os servizos sociais do concello, contactaron con diversas mulleres que forman parte do colectivo, para explicarlles o proxecto e solicitarlle a súa participación. Rematada a primeira fase, as volutnarias comezarán a recibir ás mensaxes de texto pautadas en diferentes momentos do día. Unha vez rematado o estudo, os datos obtidos serán publicados nunha resvista interncacional e facilitados a cada un dos concellos participantes.  
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín