Servizos sociais

Exposición Cartas de Amor

No Concello de Cerceda, estará dipoñible para visitar a exposición Cartas de Amor, na sala de exposicións da biblioteca municipal, en horario de 15.00 - 21.00 aberta a toda a poboación. Estará para visitar desde o 22 de novembro, ao 14 de decembro.  

Resolución das solicitudes concedidas e denegadas para o transporte escolar. Curso 2016-2017

Rematados os prazos de presentación de solicitudes e de subsanación da documentación requirida, unha vez valoradas todas as solicitudes, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 16 de novembro aprobou a listaxe das axudas concedidas e das denegadas. As persoas interesadas de acordo coas bases da convocatoria, deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa no mes de decembro. De non presentala dentro do prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. O pagamento da axuda concedida efectuarase logo de rematar o prazo de xustificación e comprobación da correspondente documentación. Attachments:
LISTAXE CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

Publicación das listaxes coas solicitudes das axudas de transporte escolar completas ou pendentes de emenda. Curso 2016-2017

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2016/2017, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o alcalde José García Liñares aprobou por decreto as listaxes coas solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. Dito prazo comeza o día 11 e remata o día 25 de outubro. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Xustificación das axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario. Curso escolar 2016-2017.

  DOCUMENTACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN.   1. A xustificación da subvención farase coa presentación no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda dos seguintes documentos acreditativos do axuda total concedida:   a)   O anexo VI.   b) A acreditación de realizar os gastos, da forma seguinte:   - Coas correspondentes facturas, sendo obrigada a relación entre a actividade e o material adquirido. As facturas deberán conter, como mínimo, os seguintes requisitos:   * Nome, razón social e NIF ou CIF de quen emite a factura.   * Desagregación do IVE ou imposto correspondente; no caso de exención, deberá facerse constar expresamente na factura.   * Nome e NIF ou CIF do beneficiario da subvención, debendo estar expedida a factura a nome da persoa solicitante da subvención.   * Relación detallada do que se adquiriu   * Número de factura, data e lugar de emisión e denominación de "factura".   c) Declaración de outras axudas (Anexo VII)   2. Deberán presentar xustificantes pola totalidade dos gastos efectuados para cada unha das actividades subvencionadas. De non ser así, o Concello modificará as contías en proporción ao efectivamente xustificado.   3. Os documentos xustificativos corresponderán aos gastos feitos dende o día 1 de xaneiro ata o 1 de outubro de 2016 e solo serán subvencionados os que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada, e se realicen no prazo establecido.   4. Os gastos subvencionables de equipamento básico, teñen que responder ao obxectivo de cobertura de necesidades básicas de vestiario, polo que ditas facturas serán obxectos de valoración técnica de servizos sociais.     PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DOS GASTOS.   1. O prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda a documentación xustificativa será do 1 ao 21 de outubro de 2016.   2. De non presentar a xustificación dentro do prazo establecido nestas bases, entenderase que desiste da súa petición, polo que perderá o dereito a cobrala e polo que se anulará o correspondente compromiso, ambos por unha resolución da Alcaldía.   
      Attachments:
MATERIAL ESCOLAR. MODELOS PARA A XUSTIFICACIÓN.pdf

Resolución de concesión das axudas municipais para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2016-2017.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e de requirimento de documentación, para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2016/2017, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Alcalde, José García Liñares, aprobou por decreto de 13/09/2016, a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas. De acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán do prazo do 1 ó 21 de outubro para presentar a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases. O pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 14.1 das bases da convocatoria, realizarase do seguinte xeito: o 50% do importe da subvención aboarase no momento da concesión, e o restante 50% aboarase logo de xustificar o 100%.         V     Attachments:
RESOLUCIÓN LISTAXE AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2016-2017.pdf

Aberto o prazo de solicitude das axudas municipais para o transporte escolar. Curso 2016-2017

O 17 de agosto publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 155, as bases das axudas municipais dirixidas ás familias para facer fronte aos gastos de transporte escolar do alumnado que curse bacharelato ou algún ciclo de formación profesional en centros públicos. As persoas interesadas poderán presentar a solicitude xunto coa documentación correspondente no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00h a 14.00h.   O prazo de solicitude é dun mes a contar a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP. PRAZO DE SOLICITUDE: do 18 de agosto ata o 19 de setembro.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068 Attachments:
MODELO DE SOLICITUDE E ANEXOS.doc

Viaxe ao Grove, domingo 11 de setembro de 2016

Desde o Concello de Cerceda, organizase para o domingo 11 de setembro de 2016, unha viaxe ao Grove, co segunite programa:08.30- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO
           CHEGADA A COMBARRO
        - VISITA POLO POBO
14.00h.- TRAVESÍA GUIADA EN BARCO POLA RÍA E XANTAR
    MENÚ:
        - LANGOSTINOS, MEXILLÓNS, NAVALLAS, ARROZ DE MARISCO E SOBREMESA.
        * SE ALGÚEN TEN ALERXÍA AOS MARISCOS DEBE COMUNICALO NO MOMENTO DA INSCRICIÓN
            VISITA A ILLA DA TOXA POLA TARDE
19.00 – VOLTA PARA O CONCELLO DE CERCEDA
* o programa está suxeito a modificacións que poidan darse.   O prezo por persoa é de 35 €. Para anotarse ou mais información, pode acudir ao departamento de Servizos Sociais 3º andar, ou ben chamar ao 981 68 60 68.  

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DAS SOLICITUDES PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR QUE ESTÁN COMPLETAS OU PENDENTES DE EMENDA

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2016/2017, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Alcalde, José García Liñares aprobou por Decreto con data 08/08/2016 as listaxes das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. As persoas interesadas disporán, de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria, dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas. Prazo de emenda: do 9 ao 20 de agosto de 2016.   Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

TEXTING-TERAPIA

A telefonía móbil como terapia para mulleres en risco de exclusción social. Asi é o proxecto posdoutoral que un grupo de investigadores da USC, da Universidade de Coimbra e da Universidade de California-Berkeley transladora a comarca compostelá. O grupo de investigadores condiera que os móbiles poder ser unha ferramenta útil en terapias psicosociais, unha técnica empregada xa en estudios estadounidenses. Para o proxecto contaron coa axuda da Xunta de Galicia, e con diversos concellos da área compostelá, entre os que Cerceda é voluntario. Os servizos sociais do concello, contactaron con diversas mulleres que forman parte do colectivo, para explicarlles o proxecto e solicitarlle a súa participación. Rematada a primeira fase, as volutnarias comezarán a recibir ás mensaxes de texto pautadas en diferentes momentos do día. Unha vez rematado o estudo, os datos obtidos serán publicados nunha resvista interncacional e facilitados a cada un dos concellos participantes.  

Escapp: Aplicación de apoio ás victimas da violencia e xénero

Escapp é unha aplicación para dispositivos móbiles, elaborada pola Secretaría xeral da Igualdade que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopen nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións. Está dispoñible tanto en galego como en castelán e permite acceder a información de apoio, directorio de servizos, a ónde acudir e consellos prácticos de como actuar ante situacións de violencia machista. Máis información no seguinte enlace.   DESCARGA NA APP STORE   DESCARGA EN GOOGLE PLAY Attachments:
aplicacion-escapp
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín