Actualidad

RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL.

RESULTADOS DEFINITIVOS  DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL. Attachments:
resultados definitivos alumnos- traballadores.pdf
resultados definitivos persoal.pdf

Obradoiro creativo na Biblioteca de Cerceda para o venres 19 de outubro

Dentro da programación de actividades de dinamización das Bibliotecas municipais, organízase para o próximo venres 19 de outubro un obradoiro creativo no Deseño de bolsas e mochilas para lectores/as. É preciso facer a inscrición, ben nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001. A actividade está dirixida ás nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. Apresúrate a facer a túa inscrición.
  • INSCRICIÓNS PARA OBRADOIRO CREATIVO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA --- DO VENRES, 19 DE OUTUBRO, ÁS 17H
  • NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
  • UNHA ACTIVIDADE DOS 6 AOS 10 ANOS DE IDADE
Unha actividade incluída na programación Ler conta moito da SX. de Cultura

RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”

RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II” Attachments:
Acta de resultados provisionais persoal obradoiro

OBRADOIROS " APRENDE A USAR O MÓBIL 2018"

O Concello de Cerceda vai realizar de novo unha serie de obradoiros Básicos sobre o uso do móbil ” Aprende a usar o móbil” durante o mes de novembro deste ano 2018. Estes obradoiros están destinados a toda a poboación, pero sobre todo a aqueles colectivos con dificultades no uso do teléfono móbil como é o colectivo da xente maior. Para a realización de dito curso nas parroquias do concello é necesario un grupo mínimo de 5 persoas. En Cerceda realizaríase na biblioteca municipal, no horario de 11.30– 12:30 cunha duración de 5 días, os días 13, 15, 20, 22 e 27 de novembro.
  • Para participar deben anotarse na oficina de información situada na entrada do concello, tamén poden anotarse chamando o Telf.: 981. 686.068. ou 981 685 001 .
  • O prazo para anotarse empeza o 15 de outubro e remata o 30 de outubro .
  • Chamarase a todas as persoas participantes a ultima semana de outubro.

RESULTADOS PROVISIONAIS DO PROCEMENTO SELECTIVO DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”.

RESULTADOS PROVISIONAIS DO PROCEMENTO SELECTIVO DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”. Attachments:
Acta albaneleria
Acta revestimentos

O caso é ter saúde da Compañía Malasombra este domingo 7 no Auditorio municipal de Cerceda

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio. “O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles. Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar. Curso 2018-2019

O 3 de outubro abre o prazo de solicitude das axudas para o transporte escolar do curso 2018-2019 e rematará o día 22 de outubro. O prazo para a xustificación será do 3 o 14 de decembro. Bases das axudas de transporte escolar curso 2018-2019. Attachments:
AXUDAS DE TRANSPORTE 2018-2019.pdf

Convocatoria de axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario. Curso 2018-2019

Dende o día 3 ó 22 de outubro estará aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto, material escolar e vestiario básico. O prazo de xustificación será do 12 ó 23 de novembro. Bases das axudas de material escolar e vestiario básico curso 2018-2019 Attachments:
AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR 2018-20199.pdf

BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO-TRABALLADOR/A E PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO "CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II"

O obradoiro de emprego  "Cerceda- Tordoia- Trazo II", é un programa mixto de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas. Está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e promovido polo Concello de Cerceda, conveniado cos concellos de Tordoia e Trazo. Dende o Concello de Cerceda dase publicidade as bases que rexeran o proceso selectivo do Obradoiro de Emprego "Cerceda- Tordoia- Trazo II", a din dar cumprimento a convocatoria e de facilitar a información a todos/as os/as interesados/as. Attachments:
bases obradoiro.pdf

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto