Ayuntamiento

A sinatura dos convenios das Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas será o luns 20 de novembro ás 19:30h

O próximo luns, 20 de novembro ás 19:30h no Salón de Plenos, será a sinatura dos convenios da convocatoria das Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas. O Concello de Cerceda destina un total de 42.750 euros a colaborar nas actividades desenvoltas polas entidades culturais e deportivas, e, a apoiar as carreiras dos/as deportistas cercedenses destacados/as. Á sinatura de convenios do luns 20 de novembro, ás 19:30h, están convocadas as seguintes entidades e deportistas locais:
DEPORTISTAS LOCAIS
ENMA NÚÑEZ GARCÍA
BORJA BARBEITO GÓMEZ
DAVID RIVAS FUENTES
SERGIO POMBO DE LA IGLESIA
ENTIDADE CULTURAIS
ANPA CEIP CELSO EMILIO FERREIRO (A SILVA)
ANPA CPI O CRUCE
AA.VV A BAIXA DE CERCEDA
 A.MULLERES DE CERCEDA
 A.MULLERES RURAIS "A XUNGUEIRA"
 A. CULTURAL LUCERNA
 A.C. FOLQUE-RUADA
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS XESTEDA
 AS. FOLCLÓRICO CULTURAL DE CERCEDA
 
ENTIDADES DEPORTIVAS
ATLÉTICA A SILVA
CCD QUEIXAS
CLUB NATACION CERCEDA
SOCIEDAD DEPORTIVA S.MARTIÑO
CF ENCROBAS
SOCIEDADE DE CAZA E PESCA CERCEDA
CLUB MOTOPARK CERCEDA
CLUB CAMM TAE-BOX
EQUIPO LOZANO COMPETICIÓN
CABEZAS RACING
 S.D. CAZADORES SAN MARTIN DE RODÍS
 A. DEPORTIVA PEÑA MEIRAMA
PEÑA RODÍS S.D.
 S.D. SANTA COLUMBA XESTEDA
 
   

Subvención de caldeira de biomasa para a Biblioteca de Cerceda

O Concello de Cerceda a tráves dunha subvención  recibida para equipamentos térmicos de biomasa do Instituto Enerxético de Galicia acaba de executar o proxecto de instalación dunha caldeira de pellets na Biblioteca Municipal de Cerceda.  Con este proxecto contase de acadar un importante aforro enerxético na instalación.

Horario do Punto Limpo

HORARIO DO PUNTO LIMPO:
  • Mércores e Venres, das 11:00 ás 14:00 horas

Subvencións municipais a deportistas e ás entidades Culturais ou Deportivas 2017: aberto o prazo de solicitude

  CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E ÁS ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES 2017  O Concello de Cerceda vén de publicar (BOP núm.180, de 21 de setembro 2017) a Convocatoria de Subvencións dirixidas a deportistas e ás entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades neste ano 2017. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o 22 de setembro ata o 23 de outubro de 2017. A documentación, para facer a solicitude, estará dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web municipal e na Sede electrónica do Concello de Cerceda. Accede dende esta nova a documentación para facer a solicitude.
  Attachments:
0 Solicitude de Subvencións-1.pdf
1 Anexos Solicitude Entidades_2017.pdf
1Anexos Solicitude Deportistas 2017.pdf
2017_Bases Convocatoria BOP.pdf

TokApp do Concello de Cerceda, a forma de estar informado de todo o que pasa no noso concello

O Concello de Cerceda pon en marcha o sistema de información móbil TokApp. A través desta plataforma de notificacións poderás recibir todos os avisos e notificacións do noso concello. O sistema require ter descargada a aplicación, TokApp, no teu teléfono ou tableta e cubrir un sinxelo formulario para darse de alta. Podes facelo dende o seguinte enlace Non perdas a oportunidade de estar informado de todo o que pasa no teu concello! Attachments:
TokApp CONCELLO.pdf

Resultado do Sorteo público Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña

Publícase a acta do Sorteo das prazas concecidas ao Concello de Cerceda nos Campamentos da Deputación 2017 celebrado ás 11:00h deste martes 27 de xuño.
A asignación das prazas queda como se recolle a seguir xunto coa listaxe de reserva:
RESULTADOS DO SORTEO DAS PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Nº SELECCIONADO APELIDOS E NOME
7 GÓMEZ POLO, RAÚL
9 BOQUETE CASTRO, ALBA
1 RODRÍGUEZ LIÑARES, RAÚL
LISTAXE DE RESERVA
6 BOTANA SANTOS, ALEJANDRO
2 RODRÍGUEZ LIÑARES, NOEMÍ
3 IGLESIAS SANTOS, CANDELA
4 IGLESIAS SANTOS, ALEJANDRO
8 ORGEIRA BEIRO, ALEJANDRO
5 RAMILO FARIÑA, ÁNGEL
Attachments:
Acta Sorteo Campamentos Deputacion 2017.pdf

Viveiro de empresas do Concello de Cerceda: aberto o prazo de solicitude de espazos

VIVEIRO INDUSTRIAL DE EMPRESAS DO CONCELLO DE CERCEDA O concello de Cerceda ten aberto ata o 30 de xuño, o prazo para solicitar un espazo no viveiro industrial de empresas. Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial, con menos de 6 meses de antigüidade, pódeste instalar no noso viveiro. Poñemos a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio. Para mais información dirixirse a axente de desenvolvemento local do Concello de Cerceda.

Exposición pública da matrícula do Imposto sobre actividades económicas (IAE) 2017

Está en exposición pública a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) 2017 dende o 28 de abril de 2017 ao 15 de maio de 2017.
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto