Deportes

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Campionato galego F5F de Aeromodelismo esta fin de semana

O Club AS GAIVOTAS organiza, en colaboración co Concello de Cerceda, o Campionato Galego F5F para o 2 e 3 de setembro, nas instalacións deportivas da pista de aeromodelismo en Rodís.

Imos á neve? Xa está aberto o prazo de inscrición

PROGRAMA CAMPAÑA ESQUÍ 2017. CONCELLO DE CERCEDA O Concello de Cerceda organiza unha fin de semana na neve en Cabeza de Manzaneda. A actividade desenvolverase do 17, 18 e 19 de febreiro de 2017
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: LÍMITE DE INSCRICIÓN ATA 27 DE XANEIRO 2017(INCLUÍDO)
  • DIRIXIDO: RAPAZAS E RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 12 E OS 18 ANOS
  • CUSTE:  100 euros/participante
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais do Concello

Novos cintos negros da Escola municipal de Judo de Cerceda

Na xornada do pasado domingo 18 de setembro, no Pazo dos deportes de Arteixo, desenvolvéronse os exames de Cinto Negro 1º DAN. A Escola municipal de Judo de Cerceda xa conta con 7 novos cintos negros: - ANTÍA PEREIRO BARREIRO - LAURA GARCÍA LEIRO - ADRIÁN MOSQUERA VEIRAS - ALEJANDRO GESTAL QUEIJAS - DANIEL GONZÁLEZ EIRÍS - FABIO FERREIRA BESTILLEIRO - LUIS MOSQUERA CONDE

Día da Bicicleta 2015: Domingo 6 de Setembro

DÍA DA BICI: DOMINGO 6 SETEMBRO PROGRAMA DA XORNADA: A partir das 11h CARREIRA INFANTIL: Circuíto mini BTT no recinto do Parque Acuático -          1,2 km. percorrido en dúas mangas -          Dificultade baixa -          Idades: de 3 a 16 anos CARREIRA ADULTOS/AS: Circuíto BTT con saída do Parque Acuático e remate no mesmo -          Distancia: 10/15 km -          Dificultade media-baixa -          Idades: a partir de 14 anos Imprescindible:casco INSCRICIÓNS:
  • Custe: 5 euros (inclúe: a participación na proba, entrada gratuíta ao Aquapark e pinchos)
  • Apertura prazo inscrición: 17 de agosto. Nas Oficinas xerais do Concello

Programación de actividades culturais e deportivas 2015/2016: Continúa aberto o prazo de solicitude

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL 2015/2016 DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS Consulta a proposta de actividades para o Curso 2015-2016 do Concello de Cerceda. Unha programación pensada para tod@s, así que fai a reserva da túa praza durante este mes de xullo nas Oficinas xerais. Attachments:
DOMICILIACION_TAXA_REGULADORA_DAS_ACTIVIDADES_DEPORTIVAS_E_CULTURAIS.pdf
PROGRAMA ACTIVIDADES 2015.2016.pdf
SOLICITUDE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS_modelos2014.pdf

Oscar Lamas Ríos, clasificado para a fase final do Campeonato de España Júnior de Judo

OSCAR LAMAS RÍOS clasificado para a fase final do Campeonato de España Júnior de Judo, despois de acadar a medalla de PLATA no Sector Oeste, celebrado en Oviedo este
pasado sábado día 21, na categoría de -100Kg. O próximo objetivo é a Fase Final do Campeonato de España da categoría que se disputará en Pinto (Madrid) o próximo día 7 de marzo.    
     

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto