Cultura y educación

Entrega de diplomas das actividades de informática e dos Obadoiros de Memoria o xoves 22 de xuño

Este xoves, 22 de xuño a partir das 18:30h, farase entrega dos diplomas das actividades de informática e dos obradoiros de memoria e de formación de persoas adultas cun acto de encontro entre todas as persoas participantes nestas actividades. O acto terá lugar na Biblioteca de Cerceda a partir das 18:30h.

Festa de Fin de Curso no Parque Acuático de Cerceda, o luns 19 de xuño

O Concello de Cerceda organiza unha festa de peche do curso escolar 2016-2017 e de benvida do derán cunha xornada de encontro, lecer e música para o alumnado de ed. Primaria dos nosos centros escolares, para o próximo luns 19 de xuño. Éste é o programa da festa:
  • 10:00h          DESFRUTE DAS ATRACCIÓNS DO PARQUE ACUÁTICO
  • 13:00h          XANTAR
  • 13:45h          CONCERTO "ESTAMOS NO VERÁN" DE XOÁN CURIEL
  • 15:00h          FIN DA XORNADA
Colabora a Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Campamentos urbanos de verán 2017: aberto o prazo de inscrición

Abre o prazo de inscrición para os Campamentos urbanos de verán 2017. A temática xirará entorno ao mundo do circo cunha proposta de actividades e saídas nas que os/as máis pequenos/as poderán desfrutar dun verán diferente. Consulta toda a información na seguinte nova e  o período de solicitude permanecerá aberto ata o 25 de xuño, nas Oficinas xerais do Concello. INFO: QUENDAS: Campamento de Cerceda:
  • Quenda 1: 26/06/2017 - 07/07/2017
  • Quenda 2: 10/07/2017 - 21/07/2017
  • Quenda 3: 24/07/2017 - 07/08/2017
Campamento da Silva:
  • Quenda 1: 26/06/2017 - 07/07/2017
  • Quenda 2: 10/07/2017 - 21/07/2017
HORARIOS E PREZO:
  • Das 08:00 - 15:00h Almorzo, actividades, merenda de media mañá e gardería: 70euros/quincena
  • Das 10:00 - 14:00h Actividades e merenda de media mañá: 50euros/quincena
  • Das 10:00 - 15:00h Servizo de gardería: 20euros

Bando Normas de Seguridade San Xoan 2017

LLega 800

Máis información en https://www.llega800.es/

Fesival O Son das Aulas este sábado 27 de maio

O alumnado da Escola de música e baile do Concello de Cerceda xa ten todo preparado para o Festival de fin de curso. A cita este sábado, 27 de maio, a partir das 18:00h no Auditorio municipal de Cerceda.  

Xornada de Sendeirismo para o sábado 3 de xuño: aberto o prazo de inscrición

XORNADA DE SENDEIRISMO Sábado, 3 de xuño Senda CERCEDA/PORTOBREA HORARIO: 10:00h Saída: do Campo da Feira de Cerceda
13:00h Remate:Área recrativa de Portobrea
CUSTE: 5 euros Inscricións: Nas Oficinas xerais do Concello. 

Programa de visitas guiadas aos museos de Cerceda

Coa finalidade de aproximar a toda a veciñanza estos equipamentos iníciase a programación de visitas guiadas "Coñece os nosos museos". Xa está aberto o prazo de inscrición para a visita programada para o sábado 27 de maio e para o 17 de xuño no teléfono 639 40 20 34, de 8:30 a 15:00h. Estas xornadas de portas abertas permitirán que todos aqueles veciños e veciñas de Cerceda se acheguen e coñezan os nosos museos, ou que aqueles que xa os coñecen descubran algo novo: Duración: de 10 a 14 horas. Percorrido: saída do Ecomuseo (no Centro Cívico, enfrente da piscina municipal), continuaremos polo Xardín Botánico e a Aula da Natureza, café – descanso e visita ao Museo do Moucho e o Museo da Minería, rematando por percorrer o entorno do Lago de Encrobas e volta ao Centro Cívico. Punto de partida e traslados: O punto de partida das xornadas será o Centro Cívico e os traslados de un a outro museo realizaranse en autobús. Inscripción: Para participar nas xornadas débese chamar ao 639 40 20 34 de 8:30 a 15:00h

Inscricións aos novos Cursos de Informática e de uso de móbiles

A aula CeMit do Concello de Cerceda abre este martes, 25 de abril, un prazo de inscrición aos novos cursos de informática e de uso de móbiles. NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA E MÓBILES CURSO USO BÁSICO DE MÓBILES (SMARTPHONES)
  • Cerceda: 2 e 3 de Maio / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:30 - 13:00
  • Cerceda: 4 e 5 de Maio / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:30 - 13:00
  • A Silva: 9 e 10 de Maio / Biblioteca Municipal / 10:30 - 13:00
CURSO INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
  • Cerceda: 16 de Maio ao 22 de Xuño / Aula de Informática do Centro Cívico / 11:45 - 13:00
CURSO USO BÁSICO DE INTERNET
  • Cerceda: 16 de Maio ao 22 de Xuño / Aula de Informática do Centro Cívico / 10:15 - 11:30
CURSO USO BÁSICO DE INTERNET
  • A Silva: 12 de Maio ao 16 de Xuño / Biblioteca Municipal / 10:30 - 12:30
Información: Cursos gratuítos Prazas limitadas por orde de inscrición Para os cursos de móbiles traballarase con móbiles cedidos pola Fundación Vodafone Inscricións: A partir do Martes 25 de Abril ata completar prazas Oficina planta baixa - Centro Cívico / 10:00 - 13:00

Té, Chococalate, Café de Golfiños este domingo 23 de abril

CULTURA EN FAMILIA_PRIMAVERA DAS LETRAS TÉ, CHOCOLATE, CAFÉ de GOLFIÑOS Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Un espectáculo para nenos e nenas de 1 a 6 anos de idade Auditorio municipal de Cerceda Ás 18:00 h  
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto