Juventud

Programa de Mobilidade Galeuropa 2017 da Mancomunidade de Ordes

GALEUROPA 2017 MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES (ORDES, OROSO, FRADES, CERCEDA, TRAZO, TORDOIA E MESÍA) Galeuropa 2017 é o programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanaciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de Emprego Xuvenil. Ten como finalidade reforzar a empregabilidade das mozas e mozos de 18 a 30 anos de idade con estadías transnacionais. O prazo de inscrición de solicitudes abre o 21 de xullo de 2017 e remata o 4 de agosto de 2017
CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA GALEUROPA DA MANCOMUNIDADE DE ORDES:
  • Idade dos/as participantes: De 18 a 30 anos no momento de formalizar a solicitude.
  • Prácticas en empresas de países europeos en diversos sectores.
  • Duración das estadías: 2 meses. Gastos cubertos ao 100% (viaxe, aloxamento e manutención)
  • Apoio lingüístico personalizado
  • Preferencia para empadroados/as nos municipios da Mancomunidade de Ordes
  • Imprescindible inscribirse no Sistema de garantía xuvenil
Lugar e forma de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse en ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, dispoñibles na páxina web da Mancomunidade) no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Ordes achegando toda a documentación que establecen as bases. Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios dos concellos de ORDES, OROSO, FRADES, CERCEDA, TRAZO, TORDOIA e MESÍA. Tamén se anunciará nas páxinas web e nas redes sociais dos sete concellos. A Mancomunidade de Ordes asigna as seguintes prazas de mobilidade por países de destino: 20. - PORTUGAL (5).
- ITALIA (5).
- REINO UNIDO (10). Duración das mobilidades: 2 meses. Correo electrónico de contacto: \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos de contacto : 981680002
Máis información: www.mancomunidadeordes.gal  

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto