Servicios sociales

Viaxe a Sarria, sábado 4 de novembro 2017

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:  8.30 Saída de diante do Museo do Moucho 10.00 Chegada a Sarria           Visita polo pobo 14.00 Xantar A tarde baile 19.00 Saída para Cerceda.   * O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe   O precio por persoa é de 22 €. Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68.           

Axudas de material escolar. Curso 2017-2018.

Ata o vindeiro día 5 de outubro estará aberto o prazo para solicitar as Axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario básico para o curso escolar 2017-2018. As axudas están dirixidas a aquelas familias con menores a cargo, escolarizados/as en centros de ensinanza públicos do termo municipal de Cerceda, e que cursen estudos do segundo ciclo de educación infantil, ensinanza primaria ou secundaria obrigatoria e que cumpran cos requisitos económicos establecidos nas bases da convocatoria. A convocatoria saiu hoxe, 15 de setembro de 2017 publicada no BOP, onde se da conta das bases reguladoras desta subvención. Attachments:
MODELO SOLICITUDE MATERIAL.pdf

Axudas transporte escolar. Curso 2017-2018

No BOP, do día de hoxe, 15 de setemro de 2017, publicanse as bases da convocatoria das axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar, para o curso 2017-2018. O prazo de solicitude é de 20 días naturais, a contar dende o día seguinte o da súa publicación no BOP, é dicir, o prazo de solicitude estará aberto ata o día 5 de outubro. A convocatoria vai dirixida para o alumnado de bacharelato ou ciclos formativos, cuxa idade non supere os 25 anos e que residan no concello de Cerceda e cumpran cos requisitos económicos recollidos no artigo 4 das bases. A contía da axuda é de 200,00€. Attachments:
MODELO SOLICITUDE TRANSPORTE.pdf

O departamento de Servizos Sociais participou nun estudo de investigación, levado a cabo pola Universidade de Berkeley (California) sobre a texting terapia.

O departamento de Servizos Sociais participou nun estudo de investigación, levado a cabo pola Universidade de Berkeley (California) sobre a aplicación de novas técnicas de intervención psicosocial, a texting terapia. Acaba de publicarse o artigo que presenta os resultados deste estudo, baseado no uso dun modelo cognitivo conductual, a texting terapia, como ferramenta de intervención terapéutica para mellorar a saúde mental, física e social de mulleres desempregadas de longa duracción. O metodo, consistía no envío automatizado de SMS os teléfonos móbiles das usuarias, selecionadas o azar dende os departamentos de servizos sociais dos concellos que participaron no estudo. Levouse a cabo durante 28 días. O cen por cento das mulleres que participaron no estudo amosaron a súa satisfacción e utilidade desta terapia. O artigo foi publicado no Journal of Technology and Human  Services, e pode consultalo no seguinte enlace.   Attachments:
Usability and Feasibility Study of a Remote Cognitive Behavioral Therapy System with Long Term Unemployed Women.pdf

Prazas vacantes Galeuropa

GALEUROPA 2017 MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES Establecese o prazo extraordinario de solicitude e inscrición ó Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2017 Idade dos participantes: de 18 a 30 anos no momento de formalizar a solicitude Lugar e forma de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse en ficha de inscrición (anexa ao anuncio e bases, colgadas na web da Mancomunidade) a través do correo electrónico \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . Serán admitidas por orde de chegada ata completar as prazas ofertadas, tamén se creara unha lista de espera para cubrir posibles renuncias. Prazo de presentación de solicitudes: o prazo comenzará a partir do mércores 23 de agosto de 2017. Non se aceptaran máis solicitudes cando as prazas de cada país queden cubertas, pasando as que cheguen despois de cubrirse as prazas a ser suplentes. Tampouco se aceptarán solicitudes cando sexa imposible xestionar a mobilidade segundo os prazos marcados pola orde de convocatoria de Galeuropa para o ano 2017. A Mancomunidade de Ordes asigna as seguintes prazas de mobilidades por países de destino: 3 - ITALIA: 3 Duración das mobilidades: 2 meses.   Mail de contacto: \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Teléfono de contacto: 981680002 Máis información: www.mancomunidadeordes.gal

Xornada de autoemprego e cooperativismo

XORNADA DE AUTOEMPREGO E COOPERATIVISMO NO CONCELLO DE CERCEDA DÍA: VENRES 25 DE AGOSTO LUGAR: CONCELLO DE CERCEDA             BIBLIOTECA MUNICIPAL              PRAZA CAMPO DA FEIRA 17 HORARIO: DE 10 A 13 HORAS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: - Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes            981 68 00 02            \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. - Concello de Cerceda            981 68 50 01            \n Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Attachments:
FOLLETO CERCEDA.pdf

Viaxe a Cantabria-Santander do 4 ao 7 de outubro: aberto o prazo de inscrición

EXCURSIÓN A CANTABRIA-SANTANDER-POTES Do mércores 4 ao sábado 7 de outubro O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Cantabria- Santander na que se visitarán lugares como Comillas, Santillana del Mar, Laredo, Santoña, Santander e Potes. PROGRAMA MÉRCORES 4 DE OUTUBRO • Saída a hora fixada con dirección a Comillas (Cantabria).
• Xantar en Comillas.
• Pola tarde visitaremos Comillas, unha das localidades máis emblemáticas de Cantabria facendo parada no Palacio de Sobrellano, a Universidade Pontificia e o Capricho de Gaudí.
• Chegada ao hotel, reparto de habitacións, cea e aloxamento. XOVES 5 DE OUTUBRO • A mañán almorzo no hotel. A continuación visita a SANTANDER, cidade famosa polas súas praias, o casino de Santander e o Palacio da Magdalena que conta cun pequeno zoo no seu interior. Tamén no centro da cidade podemos visitar a catedral de Santander que data do século XX.
• Comida no hotel.
• Pola tarde visitaremos LAREDO E SANTOÑA, donde ademais de desfrutar das súas fermosas praias, poderemos degustar as famosas anchoas da zona.
• Regreso ao hotel, cea e aloxamento. VENRES 6 DE OUTUBRO • Almorzo no hotel e visita a POTES, onde teremos ocasión de coñecer o Monasterio de Santo Toribio de Liébana.
• Comida en Potes.
• Pola tarde visitaremos FUENTE DÉ, a estación inferior do teleférico, donde aquel que o desexe poderá subir para realizar un viaxe que nos situará no corazón dos Picos de Europa.
• Regreso ao hotel, cea e aloxamento. SÁBADO 7 DE OUTUBRO • Almorzo no hotel e visita a SANTILLANA DEL MAR, coñecida como "a cidade das tres mentiras", población que conserva intacta a arquitectura das súas casas e rúas como antigamente se construían.
• Tamén visitaremos A RÉPLICA DAS COVAS DE ALTAMIRA.
• Xantar.
• Finalizadas as visitas emprenderemos o viaxe de volta.   PREZO E INSCRICIÓNS Prezo por persoa en habitación dobre: 240 € Prezo por persoa en habitación individual: 285 € Para inscribirte acude ao departamento de servizos sociais   Attachments:
Programa excursión CANTABRIA.pdf

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a San Andrés de Teixido e Cedeira o sábado 9 de setembro

VISITA A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO-CEDEIRA   Sábado, 09 de setembro de 2017   O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a San Andrés de Teixido e Cedeira co seguinte programa: PROGRAMA 08:30H - Saída de diante do Museo do Moucho 10:45H - Chegada a San Andrés de Teixido 11:00H - Visita a San Andrés de Teixido              - As 12:00h celébrase misa (a asistencia non é obrigatoria) 14:00H - Xantar              1º prato: Callos              2º prato: Costilla asada              Postre              Pan, Bebida e café. 16:00H - Visita guiada por Cedeira 19:00H - Saída para Cerceda   PREZO POR PERSOA: 22 EUROS   O PRAZO DE INSCRICIÓN COMEZA O MARTES 8 DE AGOSTO DE 2017   Attachments:
Viaxe a San Andrés de Teixido.pdf

Listaxe provisional do alumnado admitido e en agarda na escola infantil municipal. Curso 2017-2018

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018. Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación. As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva. Máis información no Departamento de Servizos Sociais Attachments:
LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO, EN AGARDA E PRAZAS DISPOÑIBLES.doc

EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE PRAZA DE ECUCADOR/A FAMILIAR

Convocatoria de praza de educador familiar. Lista de reserva das probas selectivas para a contratación en réxime laboral temporal dun educador familiar interino para o Departamento de Servizos Sociais. Ver máis información na Sede Electrónica do Concello
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto